Novas por contido

No DOG do 20 de novembro de 2013 ven de saír publicada a resolución da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social pola que se lle dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2014, correspondentes aos concellos das catro provincias da Galiza. As citadas festas de carácter local son inhábiles para os efectos laborais e retribuídas e non recuperables.

Podes consultar os festivos do teu concello na seguinte ligazón.

Outras novas recentes

Venres, 20 Xuño 2025

Concurso traslados persoal veterinario, laboratorio, condución, cociña, subalterno, limpeza e cociña...(MSF 24/06/25)

Vimos de ser convocados para unha Mesa Sectorial de Funcionarios Públicos para o vindeiro martes día 24 de xuño na que se tratará: Concurso de traslados escala de veterinarios/as. Documentación: convocatoria. Buzón de postos.  Concurso de traslados. Documentación: convocatoria. Buzón de postos. Subgrupo C1: persoal de laboratorio, mantemento de servizos, de condución, de...
Mércores, 25 Xuño 2025

Nova etapa para o persoal do Parque Nacional Illas Atlánticas

Grazas a un intensivo traballo sindical da CIG o persoal do PN das Illas Atlánticas regula e mellora notablemente as súas condicións de traballo. O Acordo foi asinado o mércores 25 de xuño coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático e o conselleiro de Facenda e Administración Pública. Dende a transferencia á Xunta en 2008, o Parque Nacional das Illas Atlánticas...
Mércores, 18 Xuño 2025

Mobilízate pola profesionalización das cociñas da Xunta e os dereitos do persoal non docente

Fartas xa desta Adminstración Pública que mingunea ao persoal que traballa nas cociñas de xestión da Xunta de Galiza e pisa os dereitos do persoal non docente nos centros de ensino públicos, convocámoste á movilización que terá lugar o vindeiro día luns 30 de xuño ás 11 horas que partirá dende diante da Consellaría de Educación nos edificios administrativos de San...