Novas por contido

A consellería de Sanidade ven de entregarnos, por fin, o seu borrador do plan de ordenación de recursos humanos dos laboratorios de saúde pública. Temos de prazo ata o venres para presentar alegacións.

Despois de que o xoves 14 vivíramos unha tensa xornada na xuntanza pola RPT da consellaría de Sanidade, por fin poñen enriba da mesa a documentación (incompleta) e se deixan de trapalladas e presións individuais. Porque un plan de ordenación como este non pode despacharse con ofertas verbais e data decaducidade.

Os motivos para a bronca do xoves foron moitos, pero centrándonos no referente aos laboratorios:

- Días antes comprometéranse a entregar documentación, e inda non o fixeran.

- Estábaselle a dicir ao persoal que o venres 15 tiñan que decidir se aceptaban ou non a opción que se lles presentaba, sen ningún tipo de comunicación formal nin negociación.

- Pretenden solucionar a situación a algunhas persoas vía modificación da RPT (3 funcionarios e 5 laborais). Din que son xente que xa prestan servizos fora dos laboratorios. Preguntados se estaban en comisión de servizo respostan que non, polo que o cabreo da CIG aumenta xa que están a recoñecer que tiñan ao persoal irregularmente desprazado do seu destino. E esto o afirma unha subdirectora xeral e unha xefa de servizos de recursos humanos.

Uns días despois descubrimos que unha das persoas á que lle arreglan a situación é parella dun ex-delegado provincial de sanidade dos tempos de Fraga. E os demais? Veremos.

Demandamos que separen a negociación dos laboratorios do que é o conxunto da RPT de xeito que ningún posto dos laboratorios sufra ningún tipo de modificación na RPT ata que finalice a negociación. Demandamos que nos entregen a documentación comprometida, nos convoquen, poñan enriba da mesa a relación de persoas afectadas e as distintas posibilidades como paso previo a podermos chegar a un acordo global que poida satiafacer á maior cantidade posíbel de persoas afectadas, establecendo criterios (por exemplo, antiguidade) para os casos en que varias persoas estivesen interesadas nun mesmo posto.

Respecto da documentación entregada, está incompleta: inda que o persoal temporal e indefinido sabe que vai ir para Lugo, non sabemos que vai ocorrer coas prazas das persoas que ocupan postos de persoal fixo, funcionario e laboral). Descargar

Outras novas recentes

Martes, 04 Novembro 2025

Poucos avances na comisión de seguimento Gardacostas

Na comisión de seguimento abordouse a modificación de horarios con escasos avances, pero co compromiso de avanzar na mellora das condicións laborais e na xubilación anticipada do persoal. Na xuntanza celebrada o 3 de novembro de 2025 a Consellería do Mar comprometeuse a colaborar no procedemento iniciado pola CIG en abril do 2024 en base ao Real Decreto Lexislativo 8/2015,...
Luns, 27 Outubro 2025

Manifestación do SPIF o 30 de outubro: a mobilización funciona!!

Seguimos adiante na loita aínda que CCOO, UGT e CSIF intenten deixar vendido ao persoal do Servizo de Incendios Forestais Denunciamos a actitude desleal e irresponsable de CCOO, UGT e CSIF, que solicitaron DESPOIS DA CONVOCATORIA DA MANIFESTACIÓN, unha reunión coa Consellería do Medio Rural excluíndo a representación maioritaria do persoal. Esta manobra, xusto antes da...
Venres, 31 Outubro 2025

Asina a PNL pola cláusula de garantía salarial!

Na CIG consideramos unha promesa baleira o anuncio do Goberno de negociar un acordo salarial e chamamos á mobilización para acadar incrementos dignos que permitan reverter a perda de poder adquisitivo. Ademais, iniciamos unha campaña de recollida de sinaturas para avalar a PNL coa que demandamos unha cláusula de garantía salarial vinculada ao IPC para todo o persoal...