Novas por contido

Presenta o teu escrito de apoio solicitando a eliminación do mérito e requisito da licenciatura de Dereito en postos de Corpos xerais.

Obsesión 501 ou Obsesión 2062 non son perfumes de Chanel. Estas obsesións son o abuso da Xunta ao introducir a licencitaura en Dereito como mérito ou requisito en postos dos Corpo Xeral (eses para os que non se pide titulación específica), nomeadamente postos pase A1 e xefaturas de seccións. Deste xeito, limítase a mobilidade e a promoción profesional do persoal do corpo maioritario na Xunta sen unha xustificación técnica probada. Sen ir máis lonxe, a proposta da RPT de Sanidade contén ata 29 postos con estes códigos; o único cambio realizado foi pasar a licenciatura en Dereito como requisito a mérito en tres xefaturas de sección. Actualmente hai máis de 500 postos de persoal funcionario lastrados con estas coletillas.

Non é de estrañar que esta obsesión se materialice dado o lobby montado na Xunta no que Feijóo, Rueda, a maioría de secretarios xerais e mesmo o director de Función Pública son licenciados en Dereito. Non nos imos meter nos criterios de seleccióndos altos cargos pero si na configuración das RPTs.

Nas condicións establecidas nas Relacións de Postos de Traballo da Xunta de Galiza existe un evidente abuso da titulación en Dereito como mérito ou como requisito para o desempeño dos postos incluídos nesas relacións. A consideración da improcedencia desta esixencia fundaméntase nas seguintes razóns:
 
1 Establécese un requisito ou mérito específico, dentro dos corpos xerais, cando as oposicións para estes corpos constan dun temario oficial, que xa é o medio para todas as persoas aspirantes de acreditar uns coñecementos (incluídos os xurídicos necesarios) e a competencia esixida para os postos en condicións de igualdade, e que xa foron acreditados oficialmente coa superación do correspondente proceso.

2 Incluso se chega a esixir para postos de traballo de carácter puramente administrativo, ou para outros cuxa cualificación necesaria non é xurídica en absoluto, ou que requiren unha especialización doutro tipo que non achega, nin sequera basicamente, esta titulación.

3 Isto limita as posibilidades profesionais de moitas persoas, que non poden acceder a moitos postos dos corpos xerais, mentres que outras si teñen esta opción, aínda cunha preparación inferior, cun efecto claramente discriminatorio que carece de xustificación.

4 Pero ademais tamén ten un efecto negativo para a Administración, xa que impide que poida dispor de xente que desenvolvería con suficiente competencia e solvencia determinados postos debido a un atranco burocrático establecido de xeito absurdo na RPT, o que impide escoller en moitos casos aos/ás mellores.

5 Aínda aceptando que en contados casos isto podería ter algunha remota xustificación, na práctica supón pagar un posto de letrado/a a prezo de corpos xerais, o que non deixa de ser unha fraude.

6 En ocasións é utilizado para diminuír as posibilidades de que a determinadas persoas lle ocupen o posto polos sistemas de provisión establecidos legalmente.

Por isto, consideramos que se debe eliminar o requisito e mérito da titulación en Dereito nas Relacións de Postos de Traballo da Xunta de Galicia, agás naqueles casos en que esta esixencia veña imposta expresamente por unha norma con rango de lei.

Outras novas recentes

Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...