Novas por contido

Os responsábeis políticos da consellaría de Sanidade e SERGAS queren diversificar as solucións ao problema de reordenación do persoal dos laboratorios de saúde pública que pechan en Coruña, Ourense e Pontevedra para centralizalos en Lugo.

Son tres as vías que están a seguir: ao persoal temporal (laboral e funcionario) móveno a Lugo; ao persoal fixo (tamén laboral e funcionario) ofrécenlle un ou dous postos (depende o caso) para recolocalo; e a oito persoas (tres funcionarios e cinco laborais) directamente lle moven o posto na RPT que está nestes intres enriba da mesa.

Resulta que descubrimos que unha das persoas da última solución é parella dun ex-delegado provincial de sanidade en Pontevedra dos tempos de Fraga, o que sen afirmar que nos oito casos exista tamén algún tipo de vínculo, de entrada fainos saltar as alertas e por tanto reafirmarnos no que xa reclamamos aos responsábeis de recursos humanos de sanidade na xuntanza do xoves 14 de novembro, de que:

- Retirasen da proposta de modificación da RPT a todos os postos afectados pola reordenación dos laboratorios.

- Que a solución ten que ser global, para todos os postos, fixando relación de persoas, de opcións, e de criterios para a asignación dos postos ás persoas.

En ningún caso aceptamos a excusa de que as persoas da "terceira vía" xa estaban a prestar servizos fora dos laboratorios. Confirman os nosos interlocutores que non estaban nen sequera en comisión de servizos, senon que simplemente os tiñan noutros servizos sen máis (así, con toda a cara do mundo, coa naturalidade de quen está na cociña da súa casa e e pensa que pode facer o que lle veña en gana).

Outras novas recentes

Venres, 31 Outubro 2025

Persoal de prevención e defensa dos incendios reclama un servizo 100% público e con dignidade laboral

Manifestáronse en Compostela para denunciar a situación de abandono, a desigualdade e mala xestión por parte da Xunta de Galiza.  9PxCsuxB4cQ   Arredor de 400 profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDIF) mobilizáronse este xoves dende a Consellaría de Medio Rural até o complexo administrativo de San Caetano para denunciar a situación...
Mércores, 05 Novembro 2025

Proposta de modificación RPT Adminstración Xeral e Especial. Postos con contacto habitual con menores (M.X. 07/11/25)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal vén de convocarnos para unha Mesa Xeral de Persoal Empregado Público para o vindeiro venres 7 de novembro na que como único punto da orde do día traen a proposta de modificación da relación de postos de traballo (RPT) da Adminstración Xeral e da Admisitración Especial da Comunidade Autónoma de Galiza. A...
Mércores, 05 Novembro 2025

Concursos de traslados de varias especialidades (C1, C2 e agrupación profesional): relación provisional de admitidas

No DOG do 05/11/2025 publican a RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de varias escalas e especialidades do corpo de axudantes de carácter facultativo de...