Novas por contido

A MUTUA  GALLEGA DE TRABAJO VIOLA OS DEREITOS DAS NAIS TRABALLADORAS E DOS/AS FILLOS/AS LACTANTES E A XUNTA  DE GALICIA CONSINTE.

A unha ATS dunha residencia de maiores veñenlle de denega-la súa solicitude de prestación por risco durante a lactancia conforme lle recoñecía o Art. 135 bis da Lei da Seguridade Social, a Lei de Prevención de Riscos Laborais, o Regulamento de Prevención e a Lei 2/2007 do Traballo en igoaldade das mulleres de Galiza.

A Lei Xeral da Seguridade Social recoñece que existe situación de risco durante a lactación natural dun/ha fillo/a menor de 9 meses cando as condición de traballo poidesen influir negativamente na saúde da nai ou do/a bebé lactante. Para estes casos a propia lei recoñece un período de suspensión do contrato de traballo e a conseguinte prestación económica para aqueles supostos nos que a nai traballadora non se lle poidera cambear o posto por outro compatível cá súa situación ou tal cambeo non sexa obxectiva ou técnicamente posíbel.

O abuso acontece porque é a propia Mutua de Prevención, neste caso Mutua Gallega del  Trabajo, a que ten que pagar a prestación e ao mesmo tempo emitir informes ou valorar os xa aportados pola empresa sobres os riscos para a lactación natural existentes no posto de traballo.

O Servizo de Prevención da Xunta de Galicia consultado sobre o caso particular e sobre as súas competencias para facer cumplir a Lei manifesta a máis absoluta das imposibilidades, porque é competencia exclusiva das Mutuas.

Unha vez esgotada a vía administrativa o único camiño que lle queda a esta traballadora é iniciar o longo camiño xudicial, o que cando remate recoñecendolle ás traballadoras o seu dereito á suspensión de contrato e a prestación manifestarase como ineficaz porque o/a bebe xa terá máis que abandonado o proceso de lactación; e, entanto estarase a incumprir o espíritu da lei que é garantir  que os/as pequenos/as teñan un aleitamento eficaz e seguro durante os primeiros 9 meses de vida.

A maternidade ten unha cara persoal e familiar, pero tamén a ten colectiva. Ás mulleres levamos moitos anos loitando para poder integrarnos plenamente na vida laboral como para que nestes momentos (nos que ademáis estamos a celebrar a semana internacional da lactancia natural) unha entidade privada nos prive dos nosos dereitos e para que a Administración pública galega consinta nesta situación sen facer cumplir a lei.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...