Novas por contido

CONCURSO XERAL

Van pasarnos o listado dos 55 postos retirados das resultas por “modificación substancial” (25) ou “proposta de amortización” (30). Tomas de posesión a finais de marzo.

Sobre as LDs din que aínda están renunciando pero con esas prazas non se vai facer 2ª resultas (quedan para o próximo concurso) E mentres sae ese “novo concurso” irán para o mercado negro das comisións de servizo.

Sobre as persoas que non renuncien din que van informar negativamente de todas as comisións que pidan para que non poidan volver a LD en comisión de servizo mentres apalancan unha sección... excepto nalgúns casos (dos que non dan exemplos).

Do posto que por erro meteron na resolución definitiva din que están a buscar unha solución e que a semana que vén van informar de como pensan solucionalo (pero pasa en todo caso por solucións individuais sen modificación da resolución).

Dos postos de sección A1-A2-C1 do Servizo de prevención que pecharon a A1-A2 por mandato xudicial, van remitir a sentenza (botouse en falta unha publicación no DOG avisando do cambio nos postos).

TOMAS DE POSESIÓN DEFINTIVAS: Enviarán os postos por correo e teremos ata o martes, 11 de marzo, para alegacións. Os actos de elección de destino e as tomas de posesión serán conxuntas coas do concurso xeral que estiman que nun par de semanas poidan sacar para adiante.

  • A2 LIBRE 2009 (15 persoas en provisional): van ofrecer 20 e pico de postos de niveis 16, 18 e 20 sobrantes do concurso.
  • C1 CONSOLIDACIÓN 2008 (60 persoas en provisional): teñen só 34 postos sobrantes do concurso de traslados polo que van a incluír 45 máis sobrantes das resultas das resultas (niveis 14 e 16 en Compostela)

PROCESOS SELECTIVOS:Teñen previsto mandar borradores nos vindeiros meses das seguintes convocatorias: a) da OPE 2011: Bibliotecas, Arquivos, Minas, Telecomunicacións, Topografía  b) da OPE 2013: Letrados/as e c) promoción interna acumulada de corpos xerais das OPEs 2009, 2011 e 2012.

INSTRUCCIÓNS FLEXIBILIDADE e TELETRABALLO: Nuns días achegarán o borrador (semana do 10 ao 14 de marzo).

ORDES DE INTEGRACIÓN: Van enviar un modelo de orde e tratar a integración de preto de 150 traballadoras e traballadores dos seguintes chiringuitos extintos (Fundación Galicia Emigración, IET, EPOS, Axencia Humanitaria, xerentes das Fundacións Comarcais e Xestures)

RPTs: En marzo-abril van levar á Mexa Xeral: modificación da Consellaría de Presidencia e da AGASP (Academia Galega de Seguridade Pública), a de Traballo e Benestar e a da CMATI. Non informan de cando irá á Mesa a proposta de RPT do persoal laboral de centros de Educación.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...