Novas por contido

Os cargos directivos nomeados a dedo por Beatriz Mato, cobran complementos salarias por especial responsabilidade, dedicación exclusiva e funcións pero NON TRABALLAN COMO O RESTO DO PERSOAL LABORAL DOS CENTROS DE ATENCIÓN DIRECTA OS DOMINGOS E FESTIVOS.

 
O Comité de Empresa da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galiza, presentou no día de hoxe unha petición a Beatriz Mato para que,  igual que o fan coidadores, auxiliares de enfermeria, camareiros-limpadores, ordenanzas, enfermeiros ou persoal de cociña das Residencias de Maiores, Centros de Menores ou do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade, o persoal directivo e de libre designación  traballe tamén en domingos e festivos,rematando así cunha discriminación e privilexio laboral que se ve ademais agravado ao non considerar a Xunta de Galicia que estes días deben ser compensados especificamente.

O Comité na solicitude enviada a Beatriz Mato fai constar os seguintes puntos:
 
PRIMEIRO.- A Xunta de Galicia anulou a compensación en días de descanso,  por traballar en domingo ou festivo, polo que considera que todos os días da semana son iguales, sen que exista retribución ou compensación para o persoal laboral que esta a desempeñar as súas funcións durante os domingos e festivos do presente ano 2014.
 
SEGUNDO.- Nos centros de atención directa da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña, mantense un grupo de persoal con funcións de dirección como son directores, xefes de departamento, coordinadoras/es e responsables de area, que NON acoden a traballar ningún domingo ou festivo do ano. Desempeñando as súas funcións de luns a venres, mentres o resto de persoal dos seus mesmos centros, traballan os domingos e festivos.
 
TERCEIRO.- Nesta situación de inasistencia ao seu posto de traballo e NON exercicio das súas funcións durante os domingos e festivos, esta tamén persoal directivo de libre designación da propia Xefatura Territorial, como son a Xefa Territorial, o Xefe de Servizo de Coordinación Administrativa e o Xefe do Servizo Provincial de Coordinación de Centros.
 
CUARTO.-  Este persoal directivo, ten nas súas retribucións salariais unha serie de complementos  e incrementos de nivel que compensan adecuadamente a súa responsabilidade, dispoñibilidade e funcións, aínda que a pesar destas retribucións complementarias non consideran oportuno traballar en domingo ou festivo.
 
QUINTO.-   Durante os domingos e festivos do ano prodúcense nos centros de atención directa (Residencias de Maiores, Centros de Menores, Centro de Atención a Persoas con Discapacidade) situacións laborais e de asistencia aos usuarios e familiares que son responsabilidade única de quen ostenta o cargo de director/a nos centros de atención directa, ou doutro persoal que tampouco realiza xornada en domingo e festivos, quedando polo mesmo sen resolverse estas situacións ata o “vuelva usted mañana”. Neste caso o luns seguinte ou primeiro día “laborable” despois dun festivo. Esta situación queda paliada ao asumirse por persoal de servizo a solución dos problemas prantexados, que aínda sen ser da súa competencia deben ser resoltos de inmediato ao estar en centros de atención directa e continuada onde os problemas tamén surxen os domingos e festivos que os cargos directivos gozan de asueto e recreo. Reiterando que o persoal que traballa en domingos e festivos nin ten funcións directivas encomendadas nin percibe ningunha compensación por traballar nestes días específicos.
 
Nesta situación o Comité de Empresa  demanda que a conselleira Beatriz Mato poña fin a esta dobre discriminación á que  está a someter ao  persoal laboral que traballa en centros de atención directa que están abertos tamén domingos e festivos. Isto é un persoal laboral que traballa domingos e festivos e non recibe ningunha compensación e uns cargos directivos que non traballan ningún domingo  nin ningún festivo e reciben toda clase de complementos salariais.

Outras novas recentes

Martes, 28 Xullo 2026

Plantón sindical na Mesa Xeral pola non negociación dun acordo para o Persoal Non Docente

A Consellería da Imposición e falta de Educación, segue a mofarse do Persoal da Administración e Servizos dos centros educativos, e levan á Mesa Xeral de negociación a modificación da relación de postos de traballo (RPT), sin propoñer nin dar datas de cara á negociación dun Acordo Marco de condicións de traballo para o persoal non docente dos centros, motivo polo que xa...
Martes, 28 Xullo 2026

Asistencia a sinatura electrónica. Procesos selectivos agronómica, agrícola, obras públicas, informática e arquivos (CP 23/07/26)

Emprego Público pasa outra vez o rolo e aproba varios procesos selectivos co voto en contra de todas as organizacións sindicais Na Comisión de Persoal (CP) do 23 de xullo constátase unha vez máis o desprezo negociador da Dirección Xeral de Emprego Público (DXEP) que usa ás organizacións sindicais, representantes lexítimos do persoal da Xunta de Galiza, como meros...
Martes, 28 Xullo 2026

Cadro de persoal de investigación de carácter laboral da comunidade autónoma; elección de destino de Gain (MX 23/07/26)

A creación do cadro de persoal de investigación laboral nos organismos de investigación veu á Mesa sen negociación previa coa representación das traballadoras e traballadores de cada entidade, deixando fóra 32 organismos dos 50 recoñecidos oficialmente, excluíndo ao persoal de xestión da innovación e omitindo as funcións efectivas dos postos, ademais dunha clasificación...