Novas por contido

Beatriz Mato impuxo quendas de traballo estresantes e abusivas

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de declarar deserto o recurso de casación entablado pola Consellería de Traballo e Benestar contra a sentenza que declaraba ilegais as carteleiras impostas pola Consellaría de Traballo e Benestar para o persoal laboral que presta servizos nos centros de atención a persoas con discapacidade, residencias de menores, residencias de maiores e complexo xuvenil da provincia da Coruña.  

O Comité de Traballo e Benestar da Coruña, interpuxo no seu momento conflito colectivo contra as quendas de traballo impostas pola Xefatura Territorial, ao considerar que eran abusivas e desequilibradas. Estas carteleiras se negociaban coa representación social, mesmo centro por centro, mais o pasado ano a Consellaría “aludindo á austeridade” impuxo unhas quendas “abusivas e escravistas”.

As traballadoras e traballadores dos centros dependentes de Beatriz Mato están a traballar até nove días seguidos e mesmo tres fins de semanas continuados, creándose situacións de sobrecarga e estres laboral que afectan tanto á conciliación da vida laboral e familiar do persoal como á propia calidade asistencial.

A Consellería de Traballo e Benestar recorreu a resolución xudicial en casación, e no día de hoxe 2 de xuño de 2014, o Comité de Empresa recibiu a comunicación do TSXG polo que se declara deserto o recurso de casación e polo tanto se declara a firmeza da sentenza que obliga a  negociar e modificar as actuais carteleiras, que están levando ao persoal laboral a traballar en precario e sobre explotado.

O Comité de Empresa volve a solicitar  unha xuntanza coa Consellaría para tratar a sentenza do TSXG e garantir que se dea cumprimento á mesma, xa que nestes momentos as quendas de 2014 tamén repiten as mesmas ilegalidades que as do 2013 nunha actitude de absoluta falta de dialogo e negociación por parte do departamento que preside Beatriz Mato. Con esta sentencia firme queda patente a “falsa austeridade” preconizada pola Xunta, porque agora a administración vai ter que pagar cartos en indemnizacións por danos e perxuizos, cando era máis sinxelo negociar unhas quendas axeitadas, racionais e que permitan dar unha atención adecuada aos usuarios destes centros.

A sentenza do TSXG afecta aos centros de menores, complexo xuvenil, residencias de terceira idade e centros de atención a persoas con discapacidade (CAPD) da provincia da Coruña e a uns 1.800 traballadores e traballadoras.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...