Novas por contido

Despois dos numerosos recortes sufridos en todos os aspectos dos dereitos laborais, unha vez máis a Xustiza vén de recoñecer o dereito a cobrar as rebaixas salariais sufridas polo persoal adscrito á Axencia Galega de Innovación-GAIN e polo persoal do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Estas sentenzas estiman parcialmente as demandas, no senso de recoñecer a parte devengada entre xaneiro e marzo de 2013, cunha argumentación semellante á das sentenzas sobre a paga extra de 2012.

Sen dúbida esta é unha boa noticia para todo o persoal afectado por esta sentenza, e un moi bo precedente que vai sumarse aos existentes para o persoal da Xunta de Galiza e do resto das Administracións, que é probable que tamén vexan recoñecido o dereito ao cobro da parte proporcional xa devengada.

Trátanse das primeiras sentenzas desta serie de reclamacións. É de esperar que as moitas que temos pendentes sigan o mesmo criterio de conceder o dereito ao cobro da parte proporcional xa devengada. Non obstante, estas novas sentenzas relativas ás rebaixas salariais de 2013 aínda non son firmes, polo que a Xunta de Galiza de momento non vai abonar as cantidades directamente. Previsiblemente, dado que a Xunta de Galiza está a presentar recursos de casación ante este tipo de sentenzas, haberá que agardar a que o Tribunal Supremo resolva.

Outras novas recentes

Luns, 20 Outubro 2025

Promoción interna a corpos xerais. Modificación RPT Evo-Traballo social (para CP 21/10/25)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 21 de outubro, para a aprobación dos seguintes puntos: Promoción interna de corpos xerais Bases da convocatoria de promoción interna separada ao corpo superior-A1. Descargar Bases da convocatoria de promoción interna separada ao corpo de...
Mércores, 22 Outubro 2025

Aprobadas as convocatorias de promoción interna de corpos xerais, e modificación puntual RPT PS (CP 21/10/25)

Asistimos á Comisión de Persoal do 21/10/25, onde quedaron aprobadas as bases dos procesos selectivos de promoción interna a corpos xerais (A1, A2, C1 e C2). Tamén quedou aprobada unha modificación puntual da RPT de Política Social para executar unha sentenza que afecta a tres postos da escala de Traballo Social. Na rolda aberta de intervencións falouse das prazas “con...
Venres, 17 Outubro 2025

A CIG presenta 40 propostas de cambios na xestión e máis de 700 achegas de cursos ao plan de formación 2026 da EGAP

Estas propostas forman parte da campaña da CIG «Por unha EGAP transparente e en galego». A recada foi posible grazas ás abondosas contribucións do persoal desta Administración, que demanda non só o incremento substancial da cantidade de cursos, que permita un acceso máis doado e xusto, senón tamén a total transparencia na selección do persoal formador, como garante dunha...