Novas por contido

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde do Edificio Administrativo de Campolongo (27/10/2009)

GRIPE A

Faranse charlas informativas as 8:15  e 13:45 para dar conta das medidas a adoptar con respecto á gripe A. Tamén se instalaron no edificio dispensadores de solución hidroalcohólica.

SITUACIÓN XERAL DO EDIFICIO

A Administración nos da conta dos problemas detectados e das medidas correctoras adoptadas, así como dos problemas que aínda persisten.

Sensores de luz

Foron movidos cara ao interior xa que recibían moita intensidade lumínica e polo tanto as luces non se encendían cando era necesario.

Aire acondicionado

Modificouse o sistema e agora funciona de forma automática mellorando as condicións de temperatura e humidade para que se encontren dentro dos límites (17ºC-27ºC). Nesta época a temperatura mínima subiuse a 22º.

O ruído producido polo sistema de aire acondicionado débese ao peche dos conductos por parte do persoal polo que este sae con máis presión por onde están abertos. Vaise mandar un correo a cada traballador para ver os problemas posto por posto.

Control da entrada da luz solar e temperatura

Estudouse na zona sur cambiar os estores por outros máis opacos.

Risco de aplastamento e tropezos nos arquivadores compactos

Estes arquivadores non seguen pechando si atopan con algún obstáculo polo que non existe risco de aplastamento.

Mobiliario de oficina mal colocado

En moitos postos non hai soporte para as CPU e moitos postos están lonxe de enchufes e se atopan cables soltos Isto débese a que as mesas non están colocadas de acordo coas caixas dos enchufes.

Cadeiras con respaldos curtas para persoas de tronco longo

As cadeiras cumpren coa lexislación e dispoñen dun mecanismo para elevar o respaldo.

Colocación de carteis dos extintores, mecanismos de alerta, etc..

Todo o edificio dispón de carteis que cumpren coa normativa. Nalgunhas plantas hai extintores que foron movidos polo persoal.

Falta de colocación de aspersores no teito

Pola tipoloxía e deseño do edificio solo os aspersores de gas argon están nos arquivos. Alarma e peche de portas antes de soltar o gas.

Sinalización das saídas de emerxencia e plan de emerxencias e evacuación

O edificio está correctamente sinalizado de acordo coa normativa vixente.

Correntes de aire producidas polas escaleiras

Esta incidencia so se reduciría se todo o persoal colabora en pechar as portas das escaleiras

Chan esvaradío na entrada principal

O chan está tratado para evitar os esvarón. De todos os xeitos polo volume de xente que entra no edificio e posible que no chan se formen pequenos charcos. Para minimizalo se vai colocar algún tipo de tecido que absorba a auga e evite as caídas.

Condicións do semisoto.

Existe un sistema de climatización que renova o aire e introduce calor ou frío segundo se necesite. As correntes de aire se poden reducir si se manteñen as portas pechadas.

Mala climatización das zonas interiores nas plantas 1ª e 2ª

Estas son zonas que non reciben luz nin dende a zona norte nin na do sur polo que son máis sombrías. No caso da 1ª planta, o sistema de aire está regulado de maneira que solte máis claro do establecido por lei. Na 2º esta climatizada de acordo coa zona norte .

Falta de soportes para as CPU, atriles, repousapés, etc.. no rexistro.

Estase a dotar a todas as mesas de soportes para as CPU naqueles postos no que o traballador o      quere e de canalización dos cables. Isto aínda está en marcha. Todos os traballadores que non chegan cos pes o chan dispoñen de repousapés.

No caso dos atriles non dispoñen todos dos mesmos e pola actividade que fan e recomendable que dispoñan deles.

Protocolos específicos de actuación en caso de accidente ou emerxencia no Laboratorio de Saúde Pública

Os traballadores teñen a disposición as “Fichas de datos de seguridade” dos productos que utilizan nos que se especifica que facer en caso de contacto accidental con eles, derrame, intoxicación, etc.

O documento de Medidas de Emerxencia do edificio tamén contempla o Laboratorio de Saúde Pública.

TELÉFONO DE EMERXENCIA

Vaise crear un teléfono de emerxencia: 775.


PLAN DE AVALIACIÓN DE RISCOS

A próxima semana entregarán o plan de avaliación de riscos.


SIMULACRO DE EVACUACIÓN

En xaneiro porase en marcha un simulacro global de evacuación do edificio. Estanse formado grupos de acción e se van dar charlas informativas a todos os funcionarios. Tamén haberá xuntanzas cos medios externos (bombeiros, protección civil, etc..)

Outras novas recentes

Martes, 06 Outubro 2026

A Consellaría da Lingua  mantén o abuso laboral do persoal lingüista e segue sen achegar os datos necesarios para negociar (xuntanza do 5...

A segunda xuntanza remata sen compromisos concretos para garantir a xornada completa e doce meses de actividade. O luns 5 de outubro tivo lugar a segunda mesa de negociación das condicións de traballo do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, do grupo I, categoría 40.  Un mes despois da anterior xuntanza, a Consellaría de Cultura, Lingua e...
Martes, 06 Outubro 2026

Axentes ambientais: case un ano sen o plan de igualdade específico que esixe a lei

A Xunta suspende de novo en igualdade. A Lei 4/2024, do 8 de novembro, básica de axentes forestais e medioambientais, establece unha obriga específica para as administracións competentes. O seu artigo 14 (Igualdade de xénero), dispón literalmente: As administracións responsables, de acordo co fundamento de actuación de igualdade de trato entre mulleres e homes do artigo...
Venres, 09 Outubro 2026

Ampliación do prazo de elección de destino na especialidade de limpeza e cociña

No DOG do 09/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2026 pola que se amplía o prazo para a elección de destino na agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña, convocada pola Resolución do 24 de setembro de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 186, do 30 de setembro). Amplían o prazo...