Novas por contido

O venres 31 de outubro tivo lugar unha xuntanza entre Administración e organizacións sindicais, convocados para o coñecemento dos tres asuntos seguintes: 1) recoñecemento salarial de antigüidade ao persoal laboral temporal, 2) RPT de Cultura e Educación, e 3) homologación das condicións laborais e retributivas do persoal dos entes instrumentais.

1.Proxecto de orde pola que se ditan normas relativas ao recoñecemento do complemento salarial de antigüidade ao persoal laboral temporal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza.

A CIG e as demáis organizacións sindicais coinciden co disposto nesta Orde pero denuncian o excesivo retraso na súa regulación cando xa vai moito tempo da directiva europea 1999/70 e piden a celeridade na súa tramitación e entrada en vigor. A Administración recoñece esta tardanza e asume a súa responsabilidade.

"A Administración asume a súa responsabilidade"? E que consecuencias ten "asumir esa responsabilidade"? Un acto de contricción? Quen lle vai devolver o tempo e diñeiro perdido ás traballadoras e traballadores que tiveron que reclamar este dereito en vía xudicial?

2.Proposta de modificación da relación de postos de traballo da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A CIG oponse a calqueira amortización de postos de traballo ainda que esta veña imposta pola Lei de orzamentos. A Administración defende que hai o mandato da Lei e esta proposta unicamente ven a completar o xa tratado en mesas pero que agora visto o desenvolvento do concurso houbo que mudar parte das prazas amortizadas. A amortización de 44 postos de traballo previstos execútase en dúas tandas; na primeira fase foron 26 postos; nesta segunda van os 16 restantes.

Curiosidade: é a primeira vez que van amortizar postos na súa tan querida "Cidade da cultura". Aconsellámoslles que comecen a amortizar o propio Gaiás. Eso sí.....devolvendo os cartos.

3.Borrador do acordo Administración-organizacións sindicais de homologación das condicións laborais e retributivas do persoal dos entes instrumentais do sector público autonómico coas establecidas no V convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galiza.

A CIG exixe que, ainda tendo en conta o disposto no Decreto 129/2012, a homologación económica sexa efectiva dendo o primeiro día da integración. As demáis organizacións sindicais non se pronuncian. A Administración manifesta que se non hai posicionamento dos sindicatos é posible que traslade esta proposta de acordo ao Comité Intercentros.

Son as outras centrais sindicais as que votaron SI cando nos votamos NON á LOFAXGA e NON ao Decreto de Integración, ás que se pronunciaron por activa e por pasiva e agora calan e somos nós agora quenes nos pronunciamos?

Outras novas recentes

Domingo, 04 Outubro 2026

Os sectores de atención social e coidados únense para rematar coa precariedade de persoal e persoas usuarias

Lanzan unha campaña de mobilización para reclamar, ademais, a xestión directa dos servizos a través dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas eowpzSxtLVM Traballadores e traballadoras do sector de coidados -público e privado- veñen de unificar as súas loitas para denunciar a precariedade que padecen e as consecuencias que isto ten para as persoas...
Martes, 06 Outubro 2026

Elección de destino de varias escalas de C1, C2 e AP

No DOG do 05/10/2026 publican a Resolución pola que se modifica a Resolución do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo...
Venres, 09 Outubro 2026

Ampliación do prazo de elección de destino na especialidade de limpeza e cociña

No DOG do 09/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2026 pola que se amplía o prazo para a elección de destino na agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña, convocada pola Resolución do 24 de setembro de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 186, do 30 de setembro). Amplían o prazo...