Novas por contido

Fomos convocados a unha Mesa Xeral o 13/03/2015, para tratar unhas modificacións das relacións de postos de traballo do IGV, AXI, AMTEGA e Vicepresidencia. En rogos e preguntas puidemos falar dos concursos de traslados, promoción interna, e outros.

A RPT do Instituto Galego de Consumo, finalmente este asunto foi retirado a petición da Secretaría Xeral de Economía.

En canto á RPT da AXI, manteñen as amortizacións, aceptan a nosa alegación de pasar todas as xefaturas de servizo das delegacións provinciais de A1 a A1-A2 e a formación pásana de 2004 (enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos) a 2004-3007 (enxeñeiro Técnico de Obras Públicas, pois inicialmente só llo ían facer á xefatura de Ourense. Reiterámonos nas alegacións presentadas.

Na RPT de Vicepresidencia ratifícamonos nas alegacións presentadas nas xuntanzas previas: rexeitamos as amortizacións (son 21, que se suman aos últimos 112 eliminados).

Na RPT de AMTEGA apenas fan cambios con relación ao que levaron ás xuntanzas previas. Retiran a amortización de 3 postos de interinos e 1 posto de persoal laboral. Pasan de LD a concurso a sección de Xestión Económica e a Subdirección da Área de Atención a Centros Educativos retíranlle a apertura a docentes, deixando como AXG. Opómonos á destrución de postos, rexeitamos a cobertura mediante persoal directivo profesional, non nos gusta que a maioría dos postos dependan da dirección e demandamos a creación dunha estrutura de centros de destino sirva nos concursos de traslados.

Con relación a todas as RPT´s, pedimos os códigos dos postos que foron a concurso así como os das persoas que concursaron porque entendemos que todos eses postos están orzamentados e non se poden amortizar coa excusa de carecer de orzamento en función do estipulado nas leis de orzamentos.

En rogos e preguntas, preguntamos por:

A circular da consellaría de Traballo na que obriga aos traballadores/as a comunicar antes do 31 de marzo tanto as vacacións como os 6 días que se poden unir aos moscosos, e a problemática existente en Lugo cos legoeiros, da cal fixemos unha exposición do que está a acontecer con estes traballadores/as. O Director de Funcion Pública quedou en dar resposta pronto.

Concursos de traslados e promoción interna pendentes. Segundo o DXFP, o luns enviarían as bases do concurso de administración xeral. Para o resto de concursos non teñen datas. En canto á promoción interna, nunhas dúas semanas mandarán uns borradores novos, según o director, con cambios substanciais. Os temarios serán elaborados pola EGAP.

Outras novas recentes

Luns, 27 Outubro 2025

Fondo de Acción Social do ano 2024: listaxe definitiva de axudas aprobadas e denegadas

No DOG do 27/10/2025 publican a RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2024, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade....
Mércores, 29 Outubro 2025

Boletín CIG Saúde Laboral nº 63: radón nos centros de traballo

Poñemos ao teu dispor o Boletín CIG Saúde Laboral Nº 63, publicación en materia de prevención de riscos laborais e saúde laboral, elaborada polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega. Contidos:         O radón Municipios prioritarios Metodoloxía Medicións Informes de resultados Descarga boletín 63 de Saúde laboral Está a túa...
Mércores, 05 Novembro 2025

Proposta modificación RPT Consello Económico e Social de Galiza (M.S. 07/11/25)

A Dirección Xeral de Emprego e Adminsitración de Persoal vén de convocarnos para unha Mesa Sectorial de Persoal Funcionario Público, o vindeiro venres día 7 de novembro, na que o único punto da orde do día é a proposta de modificación do Relación de Postos de Traballo (RPT) referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral do Consello...