Novas por contido

A Dirección Xeral de Emprego e Adminsitración de Persoal vén de convocarnos para unha Mesa Sectorial de Persoal Funcionario Público, o vindeiro venres día 7 de novembro, na que o único punto da orde do día é a proposta de modificación do Relación de Postos de Traballo (RPT) referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral do Consello Económico e Social de Galiza e a súa clasificación no corpo superior da Administración  Xeral.

Descarga de documentación.

Se queres facernos chegar algunha alegación ponte en contacto coa CIG

Outras novas recentes

Venres, 31 Outubro 2025

Asina a PNL pola cláusula de garantía salarial!

Na CIG consideramos unha promesa baleira o anuncio do Goberno de negociar un acordo salarial e chamamos á mobilización para acadar incrementos dignos que permitan reverter a perda de poder adquisitivo. Ademais, iniciamos unha campaña de recollida de sinaturas para avalar a PNL coa que demandamos unha cláusula de garantía salarial vinculada ao IPC para todo o persoal...
Martes, 04 Novembro 2025

Poucos avances na comisión de seguimento Gardacostas

Na comisión de seguimento abordouse a modificación de horarios con escasos avances, pero co compromiso de avanzar na mellora das condicións laborais e na xubilación anticipada do persoal. Na xuntanza celebrada o 3 de novembro de 2025 a Consellería do Mar comprometeuse a colaborar no procedemento iniciado pola CIG en abril do 2024 en base ao Real Decreto Lexislativo 8/2015,...
Martes, 04 Novembro 2025

Concurso de persoal coidador: pedir postos sen saber onde

A CIG ven de demandar que a Dirección Xeral de Emprego Público solucione o problema á hora de elixir postos no concurso de traslados de persoal coidador. O persoal auxiliar coidador desempeña as súas funcións en prazas itinerantes, o que implica que os seus postos non estean adscritos de maneira fixa a un único centro educativo, senón que se distribúen cada curso escolar...