Novas por contido

O 13 de marzo asistimos a unha xuntanza con Función Pública e Traballo polas condicións de traballo na área de Benestar.

Para o Director Xeral da Función Pública a crise vai remitindo e como son moi sensibles coas demandas do persoal, fixeron un esforzo para conseguir cartos. Ofrecen duas opcións con ese diñeiro:

  1. Destinar todo o orzamento a incremento de persoal nos centros de Traballo e Benestar, cubrindo de esa maneira as necesidades para que as quendas contemplen descanso en fins de semana alternos (o dos festivos non o teñen moi claro).
  2. Pagamento da compensación dos domingos e festivos, e aumento de persoal co resto de orzamento, pero seria insuficiente para garantir as fins de semana alternos, polo que as quendas seguirían a contemplar na maioría dos casos unha fin de semana libre de cada tres.

A Secretaria Xeral de Traballo e Benestar explícanos que:

  1. Que xa esta aprobado e pendente de licitación a compra de material para a mellora de equipamentos nos centros, que destinan un montante de arredor de 650.000 euros en 49 unidades de guindastres, 425 camas articuladas, trescentas e pico mesillas, e 24 padiolas para os baños xeriátricos. Esperan que este material este nos centros para o seu uso no verán, entre xullo e agosto deste ano.
  2. Que respecto ao persoal hai un orzamento incrementado en un 30% dende a ultima proposta en xullo de 2014, e que tendo en conta as demandas sindicais, a súa postura e a de destinar todo o orzamento a creación de plantilla en RPT, e non compensar economicamente os domingos e festivos, nin en tempo, posto que para poder compensar en tempo segundo os seus cálculos, tería que ter este orzamento triplicado. O orzamento dispoñible é arredor de 3.000.000 de euros.

A CIG manifesta que xa presentou alegacións por escrito, que resumimos na reposición inmediata do artigo 19 do Convenio e mentres tanto e de xeito inmediato que se cumpran as seguintes cuestións:

  • Garantir dous días de descanso ininterrompidos.
  • Un Domingo e un festivo inhabilita a traballar o seguinte.
  • Quedas de 5 días seguidos de traballo como máximo e 2 noites.
  • 24 e 31 de decembro consideración de festivos.
  • Eliminación da obrigatoriedade do axuste das carteleiras a 1665h, podendo ter carteleiras con menos horas sempre que se garanta o servizo.

 

Pedimos data concreta de reposición do artigo 19 do convenio (que non pode ir máis alá do día 1 de xaneiro de 2015), que nesta proposta non se fai referencia algunha a compensacións de domingos e festivos nin do descanso de dous días ininterrompidos a maiores das 12 horas de descanso entre xornadas. O persoal dos centros ten un límite de aguante, e xa chega ao limite, mentres a Consellería "apreta as tuercas" cada vez máis, facendo interpretacións restrictivas ata das súas propias instruccións, abrindo expedientes, aplicando discrecionalmente segundo a xefatura territorial ou o centro, non se tería convocado esta xuntanza si non saíra nos medios, tanto as demandas do persoal como as sentenzas dos conflitos polas quendas impostas.

Función Pública di que cos recursos dos que dispón a Administración non chega para repoñer o artigo 19 na súa integridade, tentan acercarse o máis posible, pero si o acordo pasa por ese punto, non vai ser posible chegar a acordo. Recórdanos que pola lei de medidas xa todo o persoal da Xunta de Galicia perdeu unha serie de dereitos e que o persoal de Traballo foi dobremente perxudicado. Xa perdemos os días de asuntos propios, os días adicionais de vacacións, o 5% do salario, a conxelación do mesmo, etc... e polo tanto somos persoal dobremente puteado, porque a maiores traballamos a "destajo", con persoas, non traballamos de luns a venres en xornada de maña, traballamos a quendas maña , tarde e noite, domingos e festivos e ata nove días seguidos. Indicámoslle que deberían ir a un centro non de visita para ver catro residentes facendo manualidades e sacar unha foto, senón a unha quenda completa un día festivo e comprobar o traballo, e entenderían o cabreo do persoal e o agotamento. En algúns centros ata un tercio da plantilla esta de baixa, perdendo cartos polo desconto que supón, polo agotamento e a carga de traballo.

Convocan unha nova xuntanza o vindeiro mércores 18.

A CIG manifesta a posibilidade de que establezan un programa de recuperación do restablecemento do Convenio e que así estariamos dispostos a falar, con datas concretas e non sine die.

Para rematar a xuntanza, pedimos a opinión do Director de Función Pública e da Secretaria Xeral da Consellería sobre as instruccións que chegaron a varios centros coa obriga de pedir as vacacións dos 6 días antes do día 31 de marzo, indicándolle que esa era a boa fe negociadora que tiñan. Manifestan que non tiñan constancia desa instrucción, ao que lle indicamos que esperamos que hoxe sexa retirada.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...