Novas por contido

A CIG obten un total de 51 delegados/as entre as cinco Xuntas de Persoal

O xoves 16 de abril celebráronse as eleccións ás Xuntas de Persoal Funcionario da Xunta de Galiza nas catro provincias e en Servizos Centrais. A CIG obtén un total de 51 representantes no total da Galiza o que supón un incremento de 9 delegados/as. Estes son os datos desglosados co formato "resultado 2015 (resultado 2011)":

  CIG CSIF CCOO UGT Outros Total
Pontevedra 16 (10) 3 (6) 3 (4) 3 (3) 0 (2) 25 (25)
Servizos centrais 11 (10) 5 (7) 5 (6) 4 (4)   25 (27)
Lugo 10 (8) 6 (7) 3 (4) 4 (4)   23 (23)
A Coruña 10 (8) 5 (7) 6 (5) 4 (3) 0 (2) 25 (25)
Ourense 4 (6) 12 (8) 5 (7) 2 (2)   23 (23)
Total 51 (42) 31 (35) 22 (26) 17 (16)  

121 (123)

 

Estes resultados son mostra da confianza do persoal funcionario da Xunta de Galiza na xestión e traxectoria da CIG e supoñen un voto de castigo ás políticas do Partido Popular en relación á Administración Pública.

Foron estes catro anos duros onde os empregados/as públicos/as se levantaron contra a maior agresión das últimas décadas ao noso colectivo. Catro anos de recortes no emprego, nas retribucións, e nos nosos dereitos, onde se levaron adiante privatizacións e se recortaron os servizos públicos que se prestan aos cidadáns.

A CIG foi a forza sindical que estivo ao lado dos/as funcionarios/as públicos na loita destes catro anos polo que o voto á CIG foi un voto contra os recortes, as privatizacións e contra a xestión en materia de persoal da Xunta de Galiza.

Queremos agradecer a confianza depositada en nós polos funcionarios e funcionarias que optaron por un voto en defensa do Público e da nosa dignidade e dereitos, e que veñen traballando día a día por unha Administración Pública mellor.

A CIG, con este aval renovado, vai seguir no camiño da defensa dos intereses dos empregados/as públicos/as e dunha Administración Pública galega e de calidade. 

Tanto se nos votaches como se non, estamos á túa disposición. Tentaremos non defraudarche.

Outras novas recentes

Venres, 17 Outubro 2025

A Xunta impón modificacións da Lei do emprego público de Galiza a través das leis de acompañamento e de orzamentos para o 2026 sen ningun...

Dúas das normas máis relevantes para as persoas empregadas públicas como son a lei de orzamentos e a lei de acompañamento (lei de medidas fiscais e administrativas), o PP despachounas sen dar lugar sequera a unha negociación real. E para isto non nos enviou os textos das leis ata 20 horas antes da Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, e para poñer máis...
Martes, 21 Outubro 2025

Borradores dos procesos selectivos de corpos xerais, PSX, auxiliar de clínica e psicoloxía

Dende a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remítenos os borradores de convocatorias dos seguintes procesos selectivos para alegacións ata o venres 31 de outubro ás 15:00 horas. Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais (PSX). PI. Descarga documentación Corpo de...
Martes, 21 Outubro 2025

RPT IGVS (para CP 24/10/25)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou unha xuntanza da Comisión de Persoal para o día 24 de outubro, co seguinte punto da orde do día: Proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Instituto Galego da Vivenda e Solo (iGVS) Esta proposto pasou pola Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario (MSF) o pasado...