Novas por contido

Durante os días 11, 12 e 13 de maio de 2015, a Consellería do Medio Rural e do Mar ten previsto realizar as probas físicas e de agudeza visual aos integrantes das listas reguladas polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes ás categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais, de técnico superior de defensa contra incendios forestais, técnico forestal de defensa contra incendios forestais, xefe de cuadrilla, condutor de motobomba, peón condutor e peón defensa contra incendios forestais (proba física) e ás categorías de vixilante fixo e vixilante móbil (proba de agudeza visual).

 - A data de realización das probas será determinada pola orde alfabética dos apelidos dos aspirantes e será a seguinte para cada provincia:

Data Letra Apelido
11 de maio de 2015 A-B-C-D-E-F

12 de maio de 2015

G-H-I-J-K-L-M-N-Ñ-O
13 de maio de 2015

P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

-Os lugares de realización das probas, serán os seguintes:   

    A Coruña: Pavillón Polideportivo “Monte Alto”; rúa Alcalde San Jurjo, s/n. A Coruña.

    Lugo: Pistas Deportivas “Gregorio Pérez Rivera (As Pedreiras)”; rúa Filarmónica Lucense s/n. Lugo

    Ourense: Pavillón Polideportivo da Comisaría de Policía. As Lagoas, s/n. Ourense

    Pontevedra: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; avenida Fernández Ladreda, nº 43. Pontevedra.

-Os aspirantes poderán consultar o día e o lugar de realización das probas na páxina web da Conselleria do Medio Rural e do Mar, http:www.medioruralemar.xunta.es.

-Os aspirantes realizarán as probas na provincia do domicilio indicado na súa solicitude de inscrición nas listas. Os que teñan o domicilio fóra de Galicia poderán realizar as probas en calquera das provincias en que pretendan traballar.

-Os aspirantes deberán acudir á realización da proba provistos do DNI e dun certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio no que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. Dito certificado haberá de ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba.

 

Outras novas recentes

Venres, 19 Xullo 2024

Carreira profesional de persoal laboral e funcionario (graos I e II): requirimentos de emenda de documentación

No DOG do 19/07/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2023 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galiza e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT polo que...
Luns, 15 Xullo 2024

Instrucións sobre a confección de nóminas para o ano 2024 e actualización das contías das retribucións

No DOG do 15/07/2024 publican a ORDE do 11 de xullo de 2024 pola que se ditan as instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2024 e se actualizan as contías das retribucións en aplicación do Real decreto lei 4/2024, do 26 de xuño. O 27 de xuño do 2024, publicouse no Boletín Oficial do Estado o Real decreto lei...
Martes, 16 Xullo 2024

Función Pública altera os criterios da estabilización, sen dar moitas explicacións

Cando a Dirección Xeral do Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) publicou o pasado 9 de xullo o baremo provisional do proceso de estabilización da categoría de xefe/a de brigada, saltaron as alarmas polo feito de que a experiencia profesional que se lle asignaba a moito persoal era superior á esperada, mesmo por riba da declarada polas propias persoas afectadas...