No DOG do 19/07/2024 publican:
- RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2023 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galiza e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral, por falta de acreditación de criterios de avaliación.
- RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2023 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galiza e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral, por falta de antigüidade.
- RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2023 pola que se publica o acordo entre a Xunta de Galiza e as organizacións sindicais CSIF, CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza, para o persoal funcionario por falta de acreditación de criterios de avaliación.
- RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2023 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galiza e as organizacións sindicais CSIF, CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza, para o persoal funcionario por falta de antigüidade.