Novas por contido

Cando a Dirección Xeral do Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) publicou o pasado 9 de xullo o baremo provisional do proceso de estabilización da categoría de xefe/a de brigada, saltaron as alarmas polo feito de que a experiencia profesional que se lle asignaba a moito persoal era superior á esperada, mesmo por riba da declarada polas propias persoas afectadas no seu autobaremo. Os efectos sobre as futuras relacións de persoas que superarían o proceso poderían ser importantes por alterar a puntuación de moita xente.

A CIG contactou de inmediato coa DXEP para pedir unha explicación, que resultou ser que existían sentenzas que obrigan a valorar o tempo de inactividade do persoal descontinuo. Dando por suposto que efectivamente existen tales sentenzas, solicitamos copia para analizalas. Porén, pasaron os días, e as sentenzas non nolas remitiron, limitándose a DXEP a emitir un comunicado no que afirman que: “de conformidade coa recente xurisprudencia do Tribunal Supremo os periodos de suspensión de actividade do persoal descontinuo valoranse coma de ocupación efectiva”

Durante as negociacións das bases das convocatorias, a CIG solicitou ter en conta dalgún xeito os periodos de inactividade do persoal descontinuo, así como do persoal que presta servizos en fin de semana, a media xornada, e contratos continuados de horas ou xornadas soltas. Porén, as persoas que dirixen Función Pública non aceptaron nada, e as bases sairon como sairon. Esas foron as regras de xogo que decidiron, as persoas se inscribiron coñecendo os criterios, e mesmo puido haber quen non se inscribiu precisamente polos criterios publicados. E agora din que as teñen que mudar por sentenzas, e fanno sen negociación nin información ás organizacións sindicais, e sen publicación de modificación algunha das bases no DOG.

A CIG ven de enviar un escrito á DXEP no que solicitamos a copia das sentenzas invocadas, unha xuntanza urxente para tratar sobre a modificación dos referidos criterios, e a paralización dos prazos de reclamación á baremación provisional desta convocatoria ata que se aclare a situación.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...