Novas por contido

O venres 8 de maio, tivemos xuntanza con responsábeis da Axencia de Turismo para discutir a súa Relación de Postos de Traballo (RPT). Previamente foran presentadas alegación por escrito. A Administración danos conta das novas propostas.

OFICINAS DE TURISMO

Comprométense a buscar unha solución na reordenación das oficinas pechadas (Vilagarcía e Tui) de xeito que non se amorticen as prazas de persoal interino (unha de subalternos) e que no caso dos/as funcionarios de carreira non supoña nin quedar a disposición nin perder dereitos, como nível nin permanencia no posto. Ademais as prazas pasarían a estar ubicadas en Pontevedra, no caso das da oficina de Vilagarcía, e en Vigo, no caso da de Tui. A solución concreta están traballandoa con Función Pública probablemente baixo a forma de proceso de reasignación de efectivos de carácter voluntario. As que queden vacantes sairían no actual concurso de traslados. Manteñen outras amortizacións de postos non ocupados e que están xa no buzón do concurso.

As oficinas de A Coruña, Ferrol e Vigo vanse unificar coas oficinas municipais coa idea de cubrir os horarios de apertura ao público. A de Pontevedra coa da Deputación.

ACORDO DE OFICINAS DE TURISMO

Achegan unhas pequenas modificacións, unha relativa á contía do específico diferencial que fixan en 100 euros brutos.

Dín que en relación á fixación de horarios especiais tomaron nota doutros acordos, como o de centros de ensino. A cuestión é que neste caso se traballará en domingos e festivos, o que require outro tratamento. Trouxemos a colación o Acordo de Gardacostas, onde as cantidades son maiores para que exista unha referencia sobre onde situar a compensación económica. Ao tempo que resaltamos que sería necesario complementar as compensacións no específico con compensacións horarias. De todos xeitos seguen a manter que o acordo garante a voluntariedade para acollerse a el por períodos anuais, aínda que admitirían que en casos xustificados podería aceptarse outros períodos.

Pedimos tempo para achegar as propostas aos/as traballadores/as e poder definir as nosas propostas.

INSPECCIÓN DE TURISMO

Non aceptan máis alegación que o cambio de denominación da escala á Escala de Inspección Turística (tal e como ven recollida na lei 14/2008) recoñecendo que se trataba dun erro. Manteñen que é unha escala encadrada no subgrupo A2.

En relación a proposta de estudar unha suba no nível dos postos, ou na apertura de seccións á esta escala, que nós defendemos en base á falta de carreira profesional e á imposibilidade de promocionar, aseguran que coas que van na proposta inicial chegan para que se cumplan as expectativas.

Comprométense tamén a equilibrar os efectivos na provincia de Ourense, tendo como referencia a de Lugo.

Tamén se negan a crear tantos postos como os sinalados na sentenza do TSXG  sobre o proceso selectivo do 99 e solventan isto coa apertura de postos á escala. Segundo eles no caso de necesitar máis postos, no caso de que aproben máis aspirantes se crearían ad hoc. Haberá tamén un concurso da escala con aqueles postos novos abertos a ela.

PERSOAL DIRECTIVO

Manteñen a creación de de dous postos de persoal directivo traído da empresa privada, pois parece que para a axencia nin o persoal do grupo A1 dos corpos xerais, nin o persoal da escala de Inspección Turística debe ter capacidade nin coñecementos suficientes para o desempeño de postos directivos.

Finalmente, estaremos á espera de se nos comunican novos cambios, especialmente no relativo ao tratamento á escala de Inspección Turística e ao proxecto de acordo de horarios das oficinas de emprego.

Ver as alegacións presentadas pola CIG o 30/04/2015.

Outras novas recentes

Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...