Novas por contido

O venres día 6/11/2009, tivemos a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo.

1.    Fixéronnos entrega dunha copia do primeiro borrador do decreto de funcións. A semana que vén constituirase o Comité de Expertos do que fala o acordo e, posteriormente, a CIG fará as alegacións oportunas.

2.    No momento que se remita este decreto de funcións á asesoría xurídica comezaremos coas RPTs. Estanas acabando de elaborar.

3.    Ao respecto dos pagos por produtividade:  na Consellería de Sanidade expresaron a vontade de aboala na nómina do mes de decembro (incluíndo a produtividade BSE do ano 2008). Explicaron que a falla de pago destes cartos é debida á tardanza dun informe da inspección de servizo o cal agardan que remitan o luns ao máis tardar. Por parte da Consellería do Medio Rural explicaron que os aboamentos efectuados nesta última nómina correspóndese coas produtividades do novo acordo ate o mes de agosto (menos o LASAPAGA no que incluíron ate xullo). No seguinte, a produtividade pagarase trimestralmente nos meses de febreiro, maio, agosto e novembro.

4.    A administración tratará de mellorar o déficit en persoal administrativo que se produce cando este persoal se atopa de baixa. A este respecto, aclararon que na próxima Lei de orzamentos contemplarase esta necesidade para poder cubrir esas baixas por enfermidade. 

5.    Respecto dos horarios en matadoiros: explicaron que tódolos anos polo seu remate reciben os horarios dos matadoiros para o ano seguinte así que vannos remitir os horarios deste ano e, cando os teñan, os do ano que vén. 

6.    Respecto dos niveis 22 en Medio Rural falouse da necesidade de diferenciar eses postos pola súa ubicación (servizos centrais e delegacións) e funcións (fóra da rede de alerta).  Así aparecerá recollido na nova RPT.

7.    O DXFP convocará a seguinte xuntanza cando xa se teña un borrador definitivo do decreto de funcións.

Ao comezo da reunión, preguntámoslle ao director xeral de Función Pública, se ían respectar o pactado na reunión  que houbo con Sanidade o 18 de febreiro, ó que respondeu afirmativamente. Ó  final, pasáronnos a circular onde se daban instrucións ás Xefaturas territoriais do pago da produtividade. Xa acabada a reunión e revisando a documentación entregada, comprobamos que Sanidade está incumprindo o acordo porque non vai a pagar o desprazamento dos veterinarios de matadoiros nos termos pactados.

A CIG vai adoptar medidas de presión para facerlles cumprir o acordo, e nesta liña imos poñernos en contacto cos compañeiros dos matadoiros.


Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...