Novas por contido

Na data do día 11 de Febreiro ás 18:00 horas celebrouse unha xuntanza coa Conselleira de Medio Rural, María Angeles Vázquez Mejuto e asesores cos representantes das seguintes organizacións sindicais:CIG, CCOO, UGT e CSIF.

RELATORIO DE FEITOS:

Comezou falando a Conselleira sobre o posicionamento da propia conselleira ante o cambio da denominación da categoría a Bombeiro Forestal. Indica que tras recibir múltiples informes entende  razoábel e lóxico a petición de cambio de denominación de categoría a Bombeiro Forestal e que por parte da  consellería fará o informe favorábel necesario para a súa consecución, aínda que fai constar que a petición debe ser dirixida polos sindicatos a Función Pública.

 

  1. As categorías as que lle afectaría o cambio de denominación de posto serían:

            - Peón SPDCIF, Peón Condutor SPDCIF, Xefe de Cuadrilla SPDCIF,   Oficial SPDCIF e Condutor de Autobomba SPDCIF.

  1. Manifesta a conselleira que este cambio de denominación de categoría non suporá ningún tipo de cambio retributivo nin de funcións.

            Acerca dos coeficientes redutores da idade de xubilación queda claro que a Seguridade Social é a responsábel da súa aplicación.

  1. En canto a oferta pública de emprego dende a  consellería congratúlanse da obtención de 94 prazas do SPDCIF das 124 totais da conselleria de Medio Rural (esta cifras poden non ser definitivas). Non aclararon  nin datas nin a  que postos concretos se refiren.
  2. Ante a ausencia de prazas de Xefe de cuadrilla a conselleira prantexa unha promoción interna para o ano 2017.
  3. En canto a data de comezo dos fixos descontinuos de 9 meses, a conselleira non pon data concreta, pero os outra sindicatos (CCOO, CSIF e UGT) poñen sobre a mesa como data de entrada o 23 de febreiro. Prantéxaselle a conselleira que se debería avisar aos traballadores con 15 días de antelación a data entrada.
  4. Problemática dos traballadores fixos descontinuos de 3 meses, prantexaselle a conselleira, por parte dos sindicatos que hai que darlle unha solución ante a grave situación destes traballadores. A conselleira comprométese a través do seu gabinete técnico a manter xuntanzas cos representantes dos traballadores para tentar darlle solución a estes compañeiros.
  5. Cónstanos que actualmente hai 100 prazas sen cubrir e pídese por parte de todos que se cubran de forma inmediata.
  6. A conselleira e o seu gabinete prantexan que van cubrir prazas vacantes sobre o mes de maio sen falar de cantidade.
  7. Tamen anuncia a conselleira que se van entregar vehiculos novos (autobombas) sen por data nin cantidade.

POSICIONAMENTO DA CIG ANTE A XUNTANZA

  1. Sorprendeunos gratamente o cambio de postura da conselleria ante ao cambio de denominacióbn da categoria a Bombeiro Forestal. Para nos é unha boa nova logo da dura pelexa mantida en todolos ámbitos, sobre todo  no parlamentario e no sindical.

Agradecer a tódolos traballadores a súa asistencia ás manifestacións, feito que ao noso entender foi parte decisiva para o cambio de postura da consellería.

Por suposto nós continuaremos o traballo cara o  recoñecemento por vías alternativas ate que as promesas da Consellería se convirtan en feitos.

  1. A CIG considera totalmente insuficiente  a oferta pública de emprego, recoñecendo que o número de prazas, aínda que moi pequeno, é un pasiño cara diante. A nosa postura na mesa foi esixir que se sacaran á OPE tódalas prazas cubertas por interinos xa que entendemos que é fudamental consolidar traballo fixo no SPDCIF.
  2. Ante a problemática dos traballadores de 3 meses a postura da Cig é moi clara. Todo o mundo sabe que iniciamos o proceso por  vía xudicial porque a vía negociadora estaba pechada. Na xuntanza defendeuse a prolongación do contrato de tódolos fixos descontinuos baseándose na necesidade de realizar labouras de prevención todo o ano e a necesidade de dispor dun dispositivo forte durante todo o ano debido as novas funcións do SPDCIF e o novo marco climático ambiental co cal prodúcense ou se poden producir incendios durante calquer período do ano.
  3. Ante a cobertura de prazas a postura da Cig é, como a de tódolos sindicatos, que se cubran o 100% das prazas.
  4. A Cig  constalle que as autobombas que se van entregar son os contratos que xa están licitados que son: 19 autobombas de 4000 litros, 17 autobombas de 3500 litros e 7 autobombas de 4000 litros.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...