Novas por contido

Unha nova sentenza recoñece o dereito do persoal funcionario a cobrar as pagas extra de 2013 íntegras. A sentenza é firme e contra ela non cabe recurso.

Unha nova sentenza -e xa van catro, gañadas pola asesoría xurídica da CIG- recoñece ao persoal funcionario da Xunta de Galiza o dereito ao cobro íntegro dos complementos específicos nas pagas extra do ano 2013. A última, recaída nos Xulgados do Contencioso de Compostela, o 29 de xaneiro, recoñece o dereito a cobrar 1.013,92 € máis xuros de demora e condena a 400€ en costas á Xunta de Galiza. A sentenza é firme e non cabe recurso.

No ano 2013, o goberno de Feijoo decidiu recortar o complemento específico (ou concepto equivalente para o persoal laboral) nas dúas pagas extras de todo o seu persoal, pasando a ser Galiza unha das escasas comunidades nas que se aplicou un recorte adicional. Recorte que continúa hoxe en día e que se mantén na Lei de Orzamentos do 2106, co que aproximadamente se lle está sustraendo a todo o persoal que cobra da Xunta de Galiza uns 200 millóns de euros por ano.

Con esta sentenza, que se suma ás tres anteriores xa ditadas, fica como novidade que ao existir silencio na reclamación salarial en vía administrativa, a Xustiza recoñece que o sentido deste é positivo e polo tanto estima na súa totalidade a reclamación da persoa traballadora. Malia isto, nas sentenzas nas que non haxa silencio na reclamación administrativa, a Xustiza recoñece, con carácter xeral, a reclamación subsidiaria do terzo do complemento específico de xuño, ou sexa, a parte devindicada en xaneiro e febreiro até que entrou en vigor a Lei de orzamentos galega dese ano.

Para o persoal laboral a reclamación fíxose en vía de conflito colectivo e resolveuse no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) estimando a reclamación subsidiaria. Poren, non é firme e está recorrida pola Xunta en casación ante o Tribunal Supremo (TS) co obxecto de atrasar todo o que poida o inevitábel.

Estas actuacións implican uns custes e saturación da vía xudicial aos que lle dá igual facer fronte á Administración autonómica porque non sae do peto dos seus responsábeis políticos. 

 

Vannos pagar a todo o persoal da Xunta os complementos específicos substraídos nas pagas extras 2013?

A día de hoxe só vai cobrar o persoal funcionario que vaia ao Xulgado ao non ter a posibilidade legal de presentar conflito colectivo.

As pagas extras de todo o persoal funcionario son incompletas ao ter desde maio de 2010 recortados os compoñentes de soldo e trienios que se empregan para calcular a paga extra; ao persoal laboral se lle aplica o recorte linealmente. Porén, na Xunta todo o persoal témolas máis icompletas aínda ao non inlcuír estas o complemento específico (ou equivalente para persoal laboral).

Son varias as sentenzas que están recaendo sobre a substración dos complementos específicos nas pagas extras de 2013 para o persoal funcionario. As sentenzas están recoñecendo o dereito ao cobro da totalidade no caso do silencio administrativo que ditaminan positivo ao non existir norma específica que diga o contrario que a Lei de Procedemento Administrativo.

Por outra banda, e na práctica totalidade dos casos, recoñecen a reclamación subsidiaria de 1/3 do complemento específico da paga extra de xuño ao entrar en vigor a Lei galega de Orzamentos do 2013 con dous meses de atraso, o 1 de marzo.

Para o persoal laboral presentouse conflito colectivo e resolveuse no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) recoñecendo esta reclamación subsiriaria. Porén, non é firme e está recorrida pola Xunta ante o Tribunal Supremo (TS). Cando saia a sentenza do TS é probable que vaia no mesmo sentido que a do TSXG, o que poden pasar son varios anos.

No caso do persoal funcionario non hai conflito colectivo polo que as reclamacións son individuais e vai cobrar quen as faga. Outra cousa sería que houbera milleiros de demandas individuais e iso servira de presión para que a Administración pagara de oficio o que se reclama subsidiariamente como pasou coa parte devindicada da paga extra de 2012. Porén aquí xoga en contra que a Xunta de Galiza foi a única administración que fixo ese recorte. En calquera caso, esa decisión tería un carácter político e un custo económico total de 33 millóns de euros.

Outra posibilidade é a agardar pola aplicación práctica da futura sentenza do TS que o loxico sería que se fixera analóxicamente tamén para todo o persoal (laboral e funcionario). Porén, esa aplicación "lóxica" depende de decisións políticas, de dispoñibilidades orzamentarias, e cando se execute será anos vista, sen data clara de sentenza, e por suposto sen xuros de demora.

O que sí é imposible, vía xudicial, é que todo o persoal acabe recuperando a totalidade dos complementos sustraídos no 2013. Para iso, hai que ir ao xulgado, si ou si, e cun silencio administrativo ou cunha resolución administrativa negativa que exceda dos 3 meses. Tamén semella imposible, vendo algunhas sentenzas, recuperar xudicialmente os complementos específicos do resto dos anos.

A posibilidade de recuperar universalmente (para todo o mundo e sen ir ao xulgado) os complementos específicos das pagas extras do 2013, así como o do resto dos anos, é tamén unha decisión política pero tamén unha demanda lexítima que esimos como traballadoras e traballadores públicos. Esta decisión política ao ter un custo económico moito maior (200 millóns de euros por ano) é aínda máis improbable e, actulamente, semella case que imposible tendo en conta que a día de hoxe non definiron sequera cando volveremos a cobrar os complementos específicos nas pagas extras. Así pois, toca seguir reclamando fóra da vía xudicial.

Outras novas recentes

Mércores, 18 Decembro 2024

A CIG reclama a recuperación de dereitos do persoal das administracións públicas

A lei de Orzamentos para 2025 perpetúa os recortes de 2012 e non avanza nengunha mellora, excepto para a escala de letrados, polo que dende a CIG solicitamos a extensión desa mellora para todo o persoal A CIG concentrouse o martes 17/12/2024 diante do Parlamento de Galiza, coincidindo co debate dos Orzamentos da Xunta para 2025 para denunciar que con esta lei se perpetúan...
Luns, 16 Decembro 2024

Decreto OEP2024 de escalas sanitarias (Lei 17/89) (MSF 13/12/24)

A Dirección Xeral de Función Pública trouxo á Mesa Sectorial de Funcionarias (13/12/24) o Decreto da OEP 2024 das escalas sanitarias da Lei 17/89. Este persoal segue a ter unha xestión á marxe de Emprego Público, cando se trata de persoal funcionario de Administración. Seguindo o seu modus operandi, onde a boa fe negocial brilla pola súa absoluta ausencia: enviáronnos a...
Xoves, 12 Decembro 2024

UGT torpedea e crispa a negociación do I Plan de Igualdade de Portos de Galiza (05/12/24)

Esta foi a reacción á postura manifestada pola CIG de rexeitamento a dar validez tanto á proposta de plan de igualdade como de diagnose elaboradas pola Dirección Xeral de Simplificación Administrativa da Xunta antes da constitución da comisión de igualdade, que Portos puxo enriba da mesa. A xuntanza de constitución da Mesa de Igualdade de Portos de Galiza foi, cando menos,...