Novas por contido

A Consellería de Política Social pretende contratar servizos privados de catering en vez de substituír ao persoal de cociña.

A CIG tivo coñecemento de que a Xunta de Galiza en troques de substituír ao persoal de cociña dalgunhas escolas infantís mediante as listas de contratación da Xunta está a contratar cátering para substituír as baixas e as licencias por permiso deste persoal. Esta situación acaba de producirse na Escola Infantil de Santa Susana de Santiago de Compostela. Non é a primeira vez que se lle pon problemas ao persoal para gozar dos permisos que lles corresponden, por mor da falta de persoal no centro.

Hai meses que se xubilou unha das cociñeiras e non se contratou a outra persoa para a praza, co que a día de hoxe na cociña hai unha cociñeira e unha auxiliar de cociña. A última vez que a cociñeira tivo que coller unha licencia dende a Xefatura Territorial se lle comunicou que deixara feita previamente a comida dese día pero non se chamou a ninguén das listas para cubrir ese día. Desta situación derívanse varias irregularidades: por unha banda non se está a respectar o sistema de substitución regular actual na Xunta de Galiza, baseado no decreto 37/2006, enganando a moitas persoas que pagan unas taxas para estar incluídas nesas listas coa expectativa de poder traballar; por outra banda estase a dificultar que o persoal do centro poda coller os permisos e licenzas aos que ten dereito, cando así o precise.

Na actualidade todas as traballadoras desta escola teñen aínda pendentes de gozar os permisos correspondentes ao ano 2015. A resposta que, despois de moita insistencia, se lle dá á dirección do centro dende a Xefatura Territorial e dende a xerencia da Axencia de Servizos Sociais é que non hai cartos para iso. Será que o catering é máis barato que a contratación dun traballador/a ou será que a intención final é a de ir pouco a pouco introducindo o servizo de cátering para acabar privatizando o servizo de cociña?

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...