Novas por contido

O venres 12 de febreiro tivemos a segunda xuntanza con AMTEGA para tratar a súa RPT, concurso de informática, homologación salarial e varios.

Modificación da RPT

a) Xefatura de sección de coordinación económica e protección de datos (nova creación): Eliminan o mérito de experiencia en xestión económica. Manteñen o mérito de formación en Xestión económica e engaden o de formación en Protección de datos (este mérito é novo e aínda non ten código pero están niso). 

b) Xefatura de departamento de sistemas (área de infraestruturas e telecomunicacións): Sobre a apertura á administración local seguen insistindo na necesidade de facelo. Opoñémonos en base á non reciprocidade das administracións locais. En todo caso, convenio cos concellos que sexan recíprocos. Non entendemos en que pode contribuír a esta praza o persoal dos concellos. Volvemos recalcar que están preparándolle o posto para alguén doconcello de Santiago, que tras eleccións municipais quedou sen carguiño… recordándolles que isto é un xeito para entrar pola porta de atrás, xa que no caso de cesalo neste posto quedaría integrado na Amtega. Seguen mantendo a necesidade de que sexa LD (sen prexuízo do que se estableza na normativa sobre LDs que está en negociación).

Respostan que volverán reconsiderar a necesidade de apertura a local e LD.

Homologación salarial do persoal do grupo III-91

Non temos claro quen o está a cobrar e quen non. Dinos que son arredor de 40 postos de persoal laboral (grupos I,II,III e IV) os que non o están cobrando. Queren unha solución global para todos. Dinnos que hai persoal que o ten orzamentado pero non o cobra por ter sentenzas en contra ou ben por non ter sentenzas (non o levaron ao xulgado). Insistimos en que se teñen orzamento hai que pagarllo e, aínda que haxa sentenza negativa, a administración, na súa potestade de autoorganización, pode facelo. Reposta: con sentenza negativa a administración non vai pagar, a única maneira de que llo paguen vai ser cun acordo. O acordo que propoñen consistiría nunha solución global para todos os postos que non o cobran (uns 40). A opción que dan é, que en base o orzamento dispoñible cada ano, se lles fose pagando a todos os afectados unha parte, para progresivamente acadar o 100 % da homologación salarial. Para tratar mellor o tema nunha vindeira reunión solicitamos que nos remitan un listado RPT no que en cada posto apareza a liña orzamentaria correspondente. Comprométense a remitir tamén a relación de códigos de postos que actualmente o están cobrando e cales non, e o custo total que suporía. Dinos o xerente que queren que este acordo se aprobe o antes posible (maio).

Postos de nova creación (RPT marzo 2015) sen cubrir (Programador-Vigo, Sección-Pontevedra, Sección-Ourense e Operador-Ferrol)

Incidimos de novo na urxencia da súa cobertura (por comisión de servizo ou concurso). Pomos como exemplo o departamento de Ourense, no que unha persoa está a facer as funcións do posto de xefatura de sección dende os inicios da AMTEGA sen cobrar por iso. Reposta: van intentar cubrilas.

Denegacións de teletraballo a Operadores de Ordenador

Expomos a necesidade de que o informe (favorable ou non) do centro directivo veña motivado e acompañado por un informe do centro de destino dado que coñece mellor as funcións e traballo que está a desempeñar o persoal. Resaltamos que máis do 95% das incidencias e peticións de servizo se resolven remotamente sen necesidade de desprazamento ao posto final. Ademais, dende a integración do persoal informático na AMTEGA, calquera operador pode acudir a resolver ese 5% das incidencias que requiran presenza física. Cunha adecuada organización e planificación do departamento sería posible que entre 3 ou 4 persoas tivesen teletraballo (condicionado ás necesidades do servizo). Resposta: isto non depende da dirección da AMTEGA senón de cada área, pero que trasladarán a cuestión ao responsable de área.

Concurso

Que depende de FP convocalo, non se sabe nada de datas. Que non debería haber problema en organizalo porque tampouco son moitos os postos. As OO.SS. resaltamos a necesidade de que os postos de Santiago teñan especificado o centro de destino. Dende a CIG suxerimos, xa que o persoal da AMTEGA é un colectivo pequeno, que por que non se implanta con eles o
concurso permanente (toman nota, pero depende de FP).

Outras novas recentes

Venres, 27 Febreiro 2026

RPTs de Cultura e Agacal; conv.concurso de traslados educ. infantil-coidadores/as e xerocultores/as-PSX (CP 26/02/2026)

Modificación da RPT de Cultura: chega 1 ano despois, polo que non era necesaria; e apertura contraditoria e inxustificada da dirección do CGAC a outras administracións, á vista do claro perfil técnico. Mentres, Agacal non negocia as modificaciónse pretende branquear a situación da dirección do CIAM, que semella ilegal; sen esquecer a proposta de cambios non xustificado noss...
Venres, 27 Febreiro 2026

Feministas e combativas, en loita pola nosa dignidade. Este 8 de Marzo mobilízate coa CIG

A central convoca unha manifestación nacional en Compostela, con saída ás 11:30h da estación intermodal. Este 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres Traballadoras, a CIG ten convocada unha manifestación nacional que sairá ás 11:30 horas da estación intermodal de Compostela baixo o lema «Feministas e combativas. En loita pola nosa igualdade!». Cento dezaseis anos...
Venres, 06 Marzo 2026

Medio Rural traslada o calendario para a cobertura das prazas do SPIF

A Consellaría do Medio Rural informou da planificación da cobertura das prazas do SPIF de cara á presente campaña. A intención que teñen é dar solución aos graves problemas producidos en anos anteriores, nos que se chegou a unha situación de verdadeiro caos nos chamamentos en plena vaga de lumes no 2025. A Secretaría Xeral Técnica da Consellaría do Medio Rural convocounos o...