Novas por contido

No DOG do 09/02/10 publicase a convocatria do curso superior de administración electrónica que se vai inaugurar o 26 de febreiro

.-PRAZAS: 64

.-DESTINATARIOS: Empregados públicos da administración autonómica, local, de xustiza e das universidades.

.- REQUISITOS:


             - Funcionarios grupo A ( A1 e A2)

             - Persoal laboral dos grupos I e II  incluidos no ámbito de aplicación do V Convenio Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia

             - Funcionarios do grupo C e estar en posesión do CS relacionado coa informática

            - Persoal laboral do grupo III incluidos no ámbito de aplicación do V Convenio Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia e que se atopen en posesión de CS relacionado coa informática.

.- SOLICITUDES: Telemáticas na páxina http://egap.xunta.es/admonElectronica

.- PRAZO: 10 días naturais ( ata o 19 de febreiro)

.- DURACIÓN: 105 horas lectivas ( 6h/semana; martes e xoves de 17:00 a 20:00)

Outras novas recentes

Venres, 17 Outubro 2025

Publicado o Real Decreto que recoñece a xubilación anticipada dos e das axentes ambientais pero “non os aplica” de xeito directo

O Real Decreto 919/2025, de 15 de outubro, regula os coeficientes redutores da idade de xubilación aplicables ao persoal axente forestal e ambiental das administracións públicas.  Este avance é unha conquista colectiva do persoal axente ambiental e tamén froito da presión e do traballo sindical desenvolto pola CIG durante a tramitación da Lei básica que permitiu incorporar...
Luns, 20 Outubro 2025

Promoción interna a corpos xerais. Modificación RPT Evo-Traballo social (para CP 21/10/25)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 21 de outubro, para a aprobación dos seguintes puntos: Promoción interna de corpos xerais Bases da convocatoria de promoción interna separada ao corpo superior-A1. Descargar Bases da convocatoria de promoción interna separada ao corpo de...
Xoves, 23 Outubro 2025

Resumo da Comisión de Seguridade e Saúde Laboral da Consellaría do Mar

Na xuntanza da Comisión de Seguridade e Saúde laboral da Consellaría do Mar, celebrada o pasado 16 de outubro tratouse a problemática do radón, os resultados das avaliacións de risco (AR) de varios servizos, a necesidade de formación en condución segura así como aspectos relacionados coa roupa de traballo. Medicións de Radón. Das medicións levadas a cabo nos centros da...