Novas por contido

O Real Decreto 919/2025, de 15 de outubro, regula os coeficientes redutores da idade de xubilación aplicables ao persoal axente forestal e ambiental das administracións públicas. 

Este avance é unha conquista colectiva do persoal axente ambiental e tamén froito da presión e do traballo sindical desenvolto pola CIG durante a tramitación da Lei básica que permitiu incorporar a reivindicación histórica da xubilación anticipada con coeficientes redutores, que nin se albiscaba nos textos iniciais.  Porén, denunciamos que agora o Goberno complica e atrasa a súa aplicación efectiva, xa que a norma non entrará en vigor ata a aprobación dos orzamentos xerais do Estado para 2026 ou ata que se dite unha norma legal que fixe a cotización adicional correspondente. Por este motivo e, dada a situación política actual, vemos difícil que se poda aprobar no Congreso axiña polo que lamentamos que non se aplique de forma inmediata e directa como SI se fixo cos nosos compañeiros e compañeiras bombeiros/as forestais.  

Contido principal do Real Decreto 919/2025

No resto das cuestións, o texto mellora substancialmente o borrador inicial, incorporando varias das alegacións defendidas pola CIG-Autonómica:

  • Elimina a disposición que graduaba e limitaba a súa aplicación so a unha % do cadro persoal durante o 2026 e 2027, restrinxindo o acceso a xubilación a unha parte dos compañeiros/as.
  • Recoñece o tempo relativo a outras profesións que teñen coeficientes redutores, e así poderemos acumular o tempo de bombeiros/as forestais e axentes para acadar o mínimo dos 15 anos.
  • Elimina a traba coa que condicionaba de facto a redución de 6 anos da idade xubilación ordinaria (por exemplo se a túa idade de xubilación ordinaria son é os 65 poderías xubilarte ós 59), que era ter 37 anos de cotización exclusivas como axente forestal. 
  • Considera como tempo efectivo de servizo —sen perda de dereito— os períodos de maternidade, adopción, acollemento, permisos parentais, risco por embarazo ou lactancia, e violencia de xénero ou sexual e as reducións de xornada por motivos de conciliación contarán o 100%.

Deste xeito, o dereito á xubilación anticipada será de aplicación xeral para todo o persoal que cumpra os requisitos establecidos. Porén ao o non incorporar a alegación pola que pediamos a aplicación directa unha vez aprobado o RD sen estar condicionado aos orzamentos ou outra lei, a xubilación para o persoal axente forestal vai ser unha longa corredoira empinada. 

Requisitos e condicións principais para o acceso á xubilación anticipada:

  • Coeficiente reductor: 0,20 por cada ano completo de servizo efectivo. Isto permite adiantar a xubilación ata 5 anos dende a idade de xubilación ordinaria (65 anos) con carácter xeral, ou 6 anos no caso de contar con 37 de cotización efectiva.
  • Requisitos mínimos: Ter 15 anos de servizo efectivo como axente forestal, ademais de cumprir os períodos de cotización da Seguridade Social. Para este mínimo permítense acumular períodos en diferentes profesións que conten con dereito a coeficientes redutores.
  • Cotizacións adicionais: A norma require cotizacións adicionais  para poder acollerte á xubilación anticipada. Por iso na Mesa Xeral de Persoal Empregado Público, celebrada o 16 de outubro, anticipámonos e solicitamos xa que se inclúa a previsión das cotizacións adicionais derivadas da aplicación deste Real Decreto na Lei de orzamentos de Galiza para o 2026 e respostaron que SI contemplan consignar as contías para facelo efectivo. 

Novas relacionadas

Outras novas recentes

Luns, 07 Setembro 2026

Mesa sectorial de funcionarios/as (04/09/2026): modificación RPT, datas actos de elección pendentes, PI23, escolas infantís, PND

Na MSF trouxeron a proposta da modificación da RPT Administración Xeral da Comunidade Autónoma na Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e na Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes na que se amortizan dous postos para crear outros dous. Dende a CIG non estamos de acordo coas amortizacións pero o que ademais lle fixemos saber á DXEP é que estas presas débense...
Mércores, 02 Setembro 2026

Carné de conducir + Persoal auxliar coidador

Chegounos información nestes días, de que persoal auxiliar coidador estaba a recibir un correo electrónico do Servizo de Selección de Persoal (Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal), no que se lle informaba de que "para os efectos de acreditar estar en posesión do carné de conducir tipo B que se precisa para desenvolver determinados postos da escala...
Mércores, 09 Setembro 2026

Modificación RPT; datas actos de elección destinos; SPIF; oficinas emprego; finanzas (CP 09/09/26)

Á Comisión de Persoal do mércores 9 de setembro, foi como único punto da orde do día a proposta de modificación de varios postos na Relación de Postos de Traballo (RPT) das consellerías de Emprego, Comercio e Emigración, e de Presidencia, Xustiza e Deportes, a causa da execución de sentenzas de persoas que reclamaron destino definitivo no posto que ocupaban en provisional....