Novas por contido

O martes 24 de xullo asistimos ao Consello Reitor da EGAP. Despois de que a directora lera os informes e aprobasen a conta anual do exercicio 2017, a CIG manifestou:

  • Lembramos o compromiso adquirido pola directora de EGAP recollido na acta aprobada en relación ao uso do sistema de videoconferencia, ao que resposta que o compromiso está aí e que están traballando niso.
  • Informamos que os accesos ás aulas de formación nas xefaturas territoriais seguen sen cumplir a normativa vixente e a resposta que dan é que non é do seu ámbito competencial, ao que interpelamos que aínda que non sexa a EGAP a responsábel directa da adecuación dos accesos, entendemos na CIG que si debe interceder na instancia que corresponda para que esa situación se corrixa. Din que xa o fixeron.
  • Datos desagregados: insistimos na necesidade de contar cos datos de no de prazas, no de solicitudes, persoas admitidas, aprobados, suspensos, edicións canceladas... A directora xustificase en que enviar toda a documentación sería inabarcable e que é máis operativo enviar só os datos concretos, pero que se queremos coñecer calquer outro dato, non teñen problema, que llo solicitemos á secretaría xeral da EGAP. Manifestamos que o sistema actual de enquisas non dá unha imaxe real e efectiva porque as enquisas realizadas non chegan en moitos casos nen á metade do alumnado de cada actividade formativa. A directora di que non poden obrigar ao alumnado a facer as enquisas e que están abertos a propostas alternativas de medición da satisfacción do alumnado.
  • Constatamos unha diminución na oferta formativa con respecto ao ano pasado mentres que a demanda de cursos vai en aumento.
  • Constatamos tamén unha diminución do orzamento de preto dun 4 % no orzamento para actividades formativas na administración local. A directora di que a formación non é menor e lembra que na primeira convocatoria publicada a primeiros de ano xa contempla a posibilidade dunha convocatoria extraordinaria, polo que non lles consta que en cómputo anual a oferta vaia ser menor. Veremos se é certo...
  • A acción formativa nas Universidades diminúe en relación ao 2017 e só contempla dúas edicións de linguaxe administrativa galega. A directora di que no segundo semestre publicarán o resto de actividades formativas, que xa foron consensuadas coas tres universidades e que a enviarán coa documentación do vindeiro consello reitor.
  • Preguntamos polos criterios de selección dos formadores e comentamos que poderíanse estar a dar casos de amiguismo ou enchufismo. Non lles consta iso e di que se hai queixas son os primeiros interesados en sabelo e remítese ás enquisas de satisfacción da calidade dos docentes. Di que ás persoas que están aí supónselles unha solvencia polas súas publicacións, pola súa docencia na materia obxecto do curso e por cuestións académicas. Considera a directora que non fai falla que consten en ningunha instrucción interna nen ser publicado no DOG. Insistimos en que para a CIG, por unha cuestión de transparencia, si é importante que os criterios de selección e os requisitos para ser formador na EGAP deben ser de coñecemento público.
  • Elaboración de temarios por parte da EGAP: lembramos o compromiso do conselleiro de presidencia nese senso. Recordamos que como CIG expuxémoslle esta cuestión en numerosas ocasións a Función Pública e que esta bota balóns fóra descargando a responsabilidade unicamente na EGAP. A directora di que neste tema teñen que ir da man de FP.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...