Novas por contido

A CIG insta a incluír o dereito  na normativa sobre pensións e nos Presupostos Xerais do Estado

As seccións sindicais da CIG das cinco Xuntas de Persoal funcionario da Xunta de Galiza instamos a presentación dun escrito dirixido ao Presidente do Consello Xeral da Seguridade Social –que foi aprobado polas Xuntas de Persoal- a través do que demandamos o recoñecemento do dereito á xubilación parcial para todas e todos os empregados públicos.

Demandamos a modificación da reforma feita no ano 2011 que eliminou o dereito á xubilación parcial aos 61 anos e o adiamento da xubilación até os 67 anos. Temos que lembrar que a nosa central sindical foi a única que mostrou o seu rexeitamento a esa reforma das pensións pactada con CCOO e UGT, e fomos a folga xeral en contra.

Xunto a isto, incluímos a demanda de que a lexislación neste ano 2019 desenvolva a normativa sobre a xubilación parcial e da xubilación anticipada para determinados colectivos que desenvolven o seu labor en condicións de penosidade, perigosidade ou especial presión psicolóxica, como xa prevía o Estatuto Básico do Empregado Público no ano 2007.

Dereito do persoal empregado público

O fundamental é o recoñecemento do dereito á xubilación parcial como un dereito subxectivo con independencia da relación xurídica do persoal, ampliándose o recoñecemento tamén ao persoal funcionario. Por iso reclamámoslle ao Presidente do Consello Xeral da Seguridade Social en Madrid que promova o cambio lexislativo necesario.

No marco desta campaña, a CIG tamén presentou  escritos á Ministra de Traballo e levou a proposta á Mesa Xeral de Empregados/as Públicos/as de Galiza e de Madrid e ao Director Xeral de Función Pública.

A CIG é a primeira organización que defende ao persoal funcionario da Galiza nos seus dereitos obviados por outros promovendo a aprobación desta reclamación nas Xuntas de Persoal e Comités de Empresa da Xunta.

Así chamamos aos empregados públicos e a cidadanía a mobilizarnos en defensa do sistema público de pensións, cunha manifestación o vindeiro sábado día 26 de xaneiro, ás 12:00 horas, en Santiago de Compostela.

 

Outras novas recentes

Venres, 05 Decembro 2025

Bloqueo da toma de posesión do concurso de traslados de axentes ambientais tras dous anos de atraso

A Administración deixa sen data a incorporación e supedita o concurso a unha oposición de acceso libre aínda sen rematar. A Xunta vén de publicar no DOG a Resolución do 3 de decembro de 2025 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de axentes facultativos ambientais e axentes forestais. Este concurso que foi...
Mércores, 10 Decembro 2025

Escalas sanitarias: negociación da OEP-2025 e convocatoria de procesos selectivos (5/12/2025)

No relativo ao persoal funcionario das escalas sanitarias (Lei 17/1989), o venres 5 de decembro asistimos a unha xuntanza convocada pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade para tratar a súa proposta de Oferta de Emprego Público (OEP) do ano 2025 e a convocatoria do proceso selectivo das prazas pendentes das OEP 2022, 2023 e 2024. OEP-2025 Sanidade propón...
Venres, 05 Decembro 2025

A inspección de traballo actúa de novo no CIAM

A CIG interpuxo demanda ante a inacción da dirección do CIAM en PRLA Inspección de Traballo confirma que na unidade de lactación do CIAM existía desde 2019 – 2021 unha avaliación de riscos que xa identificaba o mal estado dunhas cubertas de fibrocemento e propoñía a súa reparación. A pesar diso, non se actuou durante anos, deixando ao persoal traballador exposto a diario a...