Novas por contido

O servizo de persoal informa que na actualidade hai 51 postos sen cubrir (vacantes e non vacantes). Son os seguintes:

  • 19 prazas de 12 meses
  • 19 prazas de 9 meses
  • 13 prazas de 5 meses

Ademais a día de hoxe aportan o dato de 105 baixas (IT) sen cubrir, aínda que non especifican a duración das mesmas.

A cobertura das 51 prazas anteriormente citadas farase polo procedemento de adscrición temporal e superior categoría,e as prazas que queden baleiras a consecuencia do procedemento anterior cubriranse polo decreto de listas vixente.

En canto o tema da cobertura das baixas dende a CIG témolo moi pero que moi claro, solicitamos a cobertura de todas e cada unha das baixas, baseándonos no lóxico e evidente,o SPDCIF é un servizo de Emerxencias e como tal debe ter tódalas súas prazas cubertas,tal e como se fixera no 2017 a causa da grave crise incendiaria.Expoñemos a necesidade vital de cobertura de todas e cada unha das prazas que estean sen cubrir para previr e anticiparnos a todo tipo de problemas derivados da falla de persoal ante o risco de que se poidan producir situacións extremas de multiemerxencia.

A CIG, aproveitando a reunión saca o tema que, implicitamente esta relacionado coa provisión de postos de traballo pola cal fomos convocados e que non é outro que o xa manido pero non solucionado anuncio de Medio Rural de crear sobre 600 postos de traballo para o reforzo de verán, unha vez eliminada a encomenda de SEAGA.

A resposta do xefe de servizo de persoal é contundente: "non toca nesta reunión"

Por suposto nos entendemos que si, xa que é un tema que afecta a provisionamento de postos de traballo do SPDCIF e seguimos insistindo no tema ante o malestar evidente dos nosos interlocutores.

O ambiente na reunión vaise enrarecendo progresivamente co debate aberto por esta cuestión, e dende a CIG seguimos insistindo en que se debe garantir a excelencia do Servizo publicando con premura a modificación do Decreto de listas xunto cos demáis pasos necesarios para garantir que as prazas do reforzo proposto pola Xunta de Galiza se fagan efectivas co persoal máis cualificado esto é,que o persoal con máis experiencia laboral na extinción de incendios poida computar os seus méritos para ser participe de dito reforzo.

Outra cuestión pola que pregunta a CIG é a modificación da RPT de Medio Rural, onde se incluirían estas prazas de reforzo e entendemos que tamén a modificación da categoría correspondente ao posto de bombeiros forestais en cumprimento do acordo do 8 de setembro de 2016.

A resposta que da a Xefatura de persoal é que a RPT estará feita antes do 1 de xuño pero non poden concretarnos nada do referido anteriormente a publicación da modificación do decreto de listas.

Outro dos puntos que sacou a CIG na mesa foi a sinxela pregunta de cantas prazas de 9 meses se van a funcionarizar?

De novo o ambiente se volve a tensar e a resposta é que esta non é a mesa onde hai que tratar este tema senón que sería competencia de Función Pública. Nos entendemos que si e seguimos coa nosa insistencia buscando respostas e máis cando constatamos que o tema da carreira profesional,sacada por outras organizacións sindicais estaba copando parte da reunión.

Insistimos,cantas prazas de 9 meses se van a funcionarizar?

Non hai resposta.

Dende a CIG insistiremos nestes temas e noutras cuestións vitais,guste ou non ata obter as respostas adecuadas.

A nosa pretensión é ter un SPDCIF FORTE, FORMADO e co PERSOAL MELLOR CUALIFICADO DISPOÑIBLE.

Outras novas recentes

Martes, 12 Mai 2026

Corpos xerais: información complementaria sobre actos de elección de destino e tomas de posesión

Achegamos máis información complementando a que difundimos o luns 11 de maio sobre os actos de elección de destino e tomas de posesión de corpos xerais. No concurso de traslados adxudicáronse 833 prazas en 1ª fase, 240 en resultas e 2 de oficio. Quedaron sen adxudicar 6 xefaturas de sección e máis ou menos 110 prazas de xefatura de negociado (das que unhas 90 estarían en...
Venres, 15 Mai 2026

Convocatoria de varias oposicións correspondentes ás escalas técnicas e escalas auxiliares de mantemento e condución

No DOG do 15/05/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de mantemento de servizos. - RESOLUCIÓN do 8 de...
Venres, 08 Mai 2026

A Consellería do Medio Rural volta aos erros do pasado e crea un reforzo de persoal do SPIF a través de SEAGA

O mércores 06 de maio de 2026 tivo lugar unha xuntanza da Mesa de Diálogo de SEAGA onde se nos informou da creación de 42 brigadas de “reforzo” para o Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF). A duración dos contratos sería de 90 días e a súa xustificación viría dada pola falta de recursos en determinados períodos e localizacións. Dende a CIG Autonómica non...