Novas por contido

O venres 24 de maio tivemos reunión ordinaria do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Servizos Centrais. Non se puido realizar por falta de quorum.

Tiñamos que tratar unha ampla orde do día, con temas de importancia como a avaliación de riscos de sete centros de traballo de servizos centrais, as medidas de emerxencia planificadas e actuacións de prevención para este ano.

A reunión non se puido levar a cabo por non estar ninguén do CSIF e, sendo un comité paritario, non houbo quorum. Non é a primeira vez que pasa que falten todas as persoas representantes do CSIF e teñamos que adiar a reunión. Hai que ter en conta que o mínimo que tiñamos que estar pola parte sindical son cinco representantes do persoal traballador. Estabamos un de cada sindicato, e outro máis de camiño, pero do CSIF, que ten tres representantes neste comité, non estaba nin se lle esperaba a ninguén. Nin avisaron que non asistirían.

Chegamos a conclusión de que ao CSIF impórtalle moito certas cousas pero importalle moi pouco a saúde do persoal traballador dos Servizos Centrais.

Esta era a Orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da última reunión.
  2. Designación de novo/a Secretario/a.
  3. Avaliación de riscos da Axencia Galega da Industria Forestal.
  4. Avaliación de riscos da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.
  5. Avaliación de riscos do Fondo Galego de Garantía Agraria.
  6. Avaliación de riscos do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.
  7. Avaliación de riscos do servizo de Sanidade e Producción Vexetal.
  8. Avaliación de riscos da Subdirección Xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria.
  9. Información sobre as medidas de emerxencia implantadas no 2018 e planificació npara o 2019.
  10. Avaliación de riscos da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.
  11. Programación de actuacións do Servizo de Prevención de Riscos laboais no ano 2019.
  12. Rogos e preguntas.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...