Novas por contido

Coa entrada en vigor da Lei do sistema nacional de protección civil o 10 de xaneiro de 2016, o servizo público contra incendios forestais da Xunta de Galiza (SPIF) é a todos os efectos un servizo de emerxencias. Pechábase así o círculo debuxado anos atrás polos “visionarios” asinantes do V Convenio colectivo que insistían na necesidade de recoñecer a categoría profesional de bombeiro/a forestal.

Aínda que o contexto legal nos inclúe (nas vidas laborais do persoal do SPIF xa se recolle esta inclusión dentro do ámbito da protección civil), aínda que sexamos un servizo de contrastada experiencia perfectamente distribuído ao longo da xeografía do País con medios materiais e humanos para actuar e/ou minimizar calquer continxencia no medio natural e rural, aínda así, a Xunta decide non activar nin empregar este servizo cando as circunstancias o esixen.

O SPIF é un servizo público ao que apenas habería que reforzar no que ao material se refire para actuar en vendavais, nevaradas , inundacións.. servindo de apoio aos actuais efectivos, pero sen perder de vista o seu principal acometido que é a prevención e extinción de incendios.

Vítima desta obstinación por non aproveitar ao máximo todo o potencial co que conta o SPIF, e tamén a necesaria e obrigatoria formación que dende a consellería do medio rural se nos nega, perfectamente estruturada e recollida no Real decreto 624/2013 do 2 de agosto, e xa presentada pola CIG en sede parlamentar e aos órganos competentes, ademais de ser avalada polo ditame do comite de expertos. Cuns custes irrisorios, tratándose da Administración pública, a formación podería ser afrontada con medios propios e convertiría ao SPIF nunha ferramenta para o rural de vital importancia.

Esta mistura de obstinación e desatino, convirten situacións previsíbeis e protocolarizábeis en verdadeiras chapuzas. Así nestes pasados días de temporal, temos evidentes sospeitas de que non se activou oficialmente ao SPIF. É dicir, non conformou parte do operativo que coordina o 112 nestas circunstancias. Sí existiron algunhas actuacións esporádicas e voluntarias, pero mesmo temos constancia do caos que se xenerou nalgúns distritos forestais ao descoñecer si tocaba ou non actuar neses momentos.

Por si existira algún tipo de dúbida, tanto o V Convenio Colectivo que regula as condicións especiais do persoal laboral do servizo contra incendios da Xunta, coma o artigo 17 da Lei 17/2015 ,do 9 de xullo, do sistema nacional de protección civil, sitúan ao SPIF coma servizo de emerxencias.

Segundo datos da propia AXEGA, en días como o pasado venres 20 de decembro o 112 tiña contabilizadas máis de 1500 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa, e aínda así non se mobilizou nin se activou de xeito oficial ao SPIF dentro dos dispositivos que coordina o 112. Todo isto produciu que non se aliviara un pouco a saturación dos servizos de emerxencias si activados, e situacións de descoordinación tales coma facer os mesmos percorridos que os bombeiros/as urbanos por exemplo.

Dende a CIG vimos de solicitar por escrito, un informe polo miudo, tanto á Dirección Xeral de Defensa do Monte coma ao propio conselleiro, para que se nos aclare como foi a coordinación co 112 e como se xestionan as intervencións do persoal do SPIF neste tipo de emerxencias, unha vez que o propio conselleiro utilizou a súa conta de twiter recoñecendo que si actuaron medios do SPIF.

Parecenos o emprego do SPIF en situacions extremas como as vividas algo necesario, legalmente avalado e moralmente xustificable.

Outras novas recentes

Xoves, 09 Outubro 2025

O Tribunal Supremo obriga a que o TSXG se posicione sobre a obriga de certas PSX do Consorcio a asumir tarefas de limpeza

O Tribunal Supremo considera que a demanda polas tarefas de limpeza das/os psx ten que xulgarse como conflito colectivo e devolve o caso ao Tribunal Superior de Xustiza de GalizaA CIG interpuxo no TSXG un conflito colectivo en desconformidade coa interpretación que o Consorcio dá á cláusula do Acordo de Integración e  coa práctica do Consorcio Galego de Servizos de...
Mércores, 01 Outubro 2025

Concurso de traslados de enxeñarías, arquitectura e ciencias: apertura do prazo de toma de posesión

No DOG do 01/10/2025 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se modifica a Resolución do 9 de xullo de 2025 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma...
Luns, 06 Outubro 2025

A Xunta, cómplice de maltrato nas residencias

Dende a CIG apoiamos a loita do Comité de Empresa de Política Social fronte á posición de desleixo e inacción da Cosellaría, incapaz de aportar solución algunha ante o maltrato e as agresións que están a sufrir o persoal das residencias e as usuarias e usuarios.   Dende o Comité de Empresa de Política Social de Pontevedra convocouse o pasado venres 3 de outubro unha...