Novas por contido

A Consellería de Facenda publicou no DOG do 05/03/2020 a Orde pola que se regula o exercicio dos dereitos eleitorais do persoal ao servizo da Comundide Autónoma de Galiza nas elección convocadas para o Parlamento de Galiza do día 5 de abril.

Entre os dereitos regulados están:

  • Permiso de catro horas para quen non desfrute ese día do seu descanso semanal (e coincidan catro horas de traballo).
  • Permiso para xestionar o voto por correo.
  • Permiso o día da votación e cinco horas o día seguinte para quen exerza de membro de mesa ou interventor/a.
  • Permiso o día da votación para os/as apoderados/as.
  • Dispensa durante a campaña para quen sexa candidato/a.

Outras novas recentes

Luns, 06 Outubro 2025

A Xunta, cómplice de maltrato nas residencias

Dende a CIG apoiamos a loita do Comité de Empresa de Política Social fronte á posición de desleixo e inacción da Cosellaría, incapaz de aportar solución algunha ante o maltrato e as agresións que están a sufrir o persoal das residencias e as usuarias e usuarios.   Dende o Comité de Empresa de Política Social de Pontevedra convocouse o pasado venres 3 de outubro unha...
Xoves, 02 Outubro 2025

Persoal non docente de Educación mobilízase por unhas condicións de traballo dignas

Persoal non docente da administración e servizos dos centros de ensino concentrouse na tarde deste mércores, día 1 de outubro, diante das xefaturas territoriais de Educación para reclamar a negociación dun acordo de condicións de traballo que teña en conta as características específicas da prestación deste servizos, a creación dunha estrutura profesional nas cociñas, e...
Venres, 03 Outubro 2025

Persoal da Xunta de Galiza reclama unha solución inmediata á parálise dos concursos de traslados (Concentración 30/09/2025)

A CIG demanda unha prelación xusta, axilidade na resolución, máis medios e a duplicidade dos postos bloqueados por medidas xudiciais Traballadoras e traballadores da Xunta de Galiza concentráronse na mañá do martes 30 de setembro de 2025 diante do edificio administrativo de San Caetano para esixir unha solución inmediata aos concursos de traslados, paralizados dende hai...