Novas por contido

Na reunión que tivemos as organizacións sindicais coa conselleira de Medio Ambiente o martes 12 para informar das actuacions realizadas polos axentes ambientais en relación ao COVID19, aproveitamos para pór enriba da mesa cuestións que afectan ao servizo dos axentes e ao persoal da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

A conselleira comezou dando conta ás organizacións sindicais do traballo voluntario realizado polo persoal axente ambiental cos servizos sociais dos concellos nos que se deu apoio a persoas maiores que vivían en situación de illamento. Outra das funcións dos axentes foron o control da presenza en camiños rurais e espazos naturais. Destacou o grande número de actuación: 2095 visitas en 54 concellos e se interceptaron 879 persoas saltandose as restricións cun resultado de 22 denuncias. Dos datos desagregados completos fixo un comunicado público.

A CIG puxemos na palestra as seguintes cuestións:

  1. Queixa polo comezo anticipado da pesca, tanto pola forma (cunha interpretacion de actividade deportiva na web en troques do DOG) como polo improcedente e precipitado da medida da que finalmente tivo que recuar o sabado polo decreto do Estado, cun novo caos entre o persoal e pescadores. 

  2. Necesidade urxente das Avaliacións de Riscos Laborais ao risco biolóxico do COVID19 xa que en dous meses non llas fixeron nin ao persoal activo.

  3. Recordámoslle que teñen que dar conta dos resultados da identificación de riscos da fase preliminar e medidas a aplicar antes da reincorporacion do persoal, e esiximos potenciar o teletraballo ao máximo de xornadas posibles. 

  4. Persoal sensible: deixar preventivamente a este persoal na casa ata que non se resolva a tramitación das solicitudes (traballo remoto ou teletraballo). 

  5. Parque das Illas Atlánticas: aínda non hai plan preventivo das instalacións e vivendas compartidas de traballadores nin das embarcacións.

  6. Comité de seguridade e saúde laboral: Convocarán para o venres 15.

  7. Formación e información ao persoal sobre o risco ao COVID19 antes de comezar co traballo presencial.

  8. Revisións de EPIs COVID e outros EPIS para o traballo. Salientamos a falta de roupa que xa está en moi mal estado (uniforme e mais) e EPI de embarcacion.

  9. Reclamamos a comisión de seguimento do acordo de axentes para a colocación dos períodos extraordinarios (son todos dispares e non se xustifican), carteleiras, etc.

  10. A consellería quere abrir os parques naturais a toda costa ao público. Vai comezar xa cos naturais, pero no das Illas Atlánticas teno mais difícil pola limitación a grupos de 10 persoas: a nosa proposta é que agarden ata que o risco baixe ou remate o estado de alarma.

Ademais o resto de organizacións sindicais complementaron as demandas da CIG con:

  • UGT cuestiona a pesca como elemento de aproveitamento e solicita limitacións horarias e diarias como deporte entre outras cuestións do colectivo (retraso en cobros, etc).
  • A CSIF reitera que os protocolos especificos como vehiculos, etc, non están accesibles na web, recalcan necesidade de formación e que co Protocolo xeral asinado non toca a volta o 18.
  • Hai que estudar os problemas que teñan as persoas con fillos/as e maiores a cargo e as vulnerables e CCOO ademais lle explica á conselleira a diferenza entre comunicación e negociación, moi acertada xa que ainda non tivemos a primeira mesa de negociación dende o 12 de marzo en toda a Xunta.
  • Pedíronse tablets para os axentes para non ter que acudir tanto aos distritos a activar as gardas nocturnas para o control do furtivismo.

Nesta reunión informativa (sen negociación) quedaron cousas sen tratar como a saturación dos servizos xurídicos, e moitas máis sen respostar. A conselleira non se comprometeu a nada, deunos xabón cun ton amable e distendido, e pouco máis. 

Esperamos avanzar na seguridade e incorporación no Comité de Seguridade e Saúde Laboral e estaremos pendentes para que non se atrevan a inclumprir o Protocolo de desescalada, que na Xunta cheira a que cada consellería fai o que lle peta.

Outras novas recentes

Xoves, 01 Outubro 2026

Publicación listas provisionais PSX e xerocultor/a

No DOG do 01/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de servizos...
Martes, 06 Outubro 2026

Axentes ambientais: case un ano sen o plan de igualdade específico que esixe a lei

A Xunta suspende de novo en igualdade. A Lei 4/2024, do 8 de novembro, básica de axentes forestais e medioambientais, establece unha obriga específica para as administracións competentes. O seu artigo 14 (Igualdade de xénero), dispón literalmente: As administracións responsables, de acordo co fundamento de actuación de igualdade de trato entre mulleres e homes do artigo...
Xoves, 01 Outubro 2026

A Xunta fabrica comisións de servizo: (con) concursos a contagotas e postos a dedo

Nestes días vanse dar máis postos en comisión de servizos que no concurso de traslados de corpos xerais. Remata un concurso de traslados de corpos xerais e volven dispararse as comisións de servizo. Nada novo baixo o sol da Administración da Xunta: dende o 16 de setembro de 2026 (día seguinte ao da resolución do concurso) xa se concederon 292 postos en comisión de servizo....