Novas por contido

O martes día 8 de setembro de 2020 a Dirección Xeral de Defensa do Monte informounos da situación de contaxios no SPIF e da súa proposta de melloras a engadir aos actuais protocolos Covid.

A valoración xeral por parte da Consellería é que as cousas van “razoablemente ben”, xa que ata o de agora non houbo casos de transmisións no ámbito laboral e non consideraron necesario convocar os CSSL.

Dende a CIG achegamos diversas cuestións. A primeira delas é que esta xuntanza tiña que vir necesariamente precedida pola convocatoria dos CSSL laboral de Medio Rural e de incendios (os delegados de prevención destes comités tiñan que ter sido informados de todas as incidencias e actuacións que foron xurdindo), e coma non foi así, agora teñen que ser convocados inmediatamente. Ademais, trasladamos outras achegas para a mellora da seguridade do persoal (a maioría das cales xa solicitaramos por escrito con anterioridade):

  • Implantar as quendas de 10 horas de cara á reducir a presenza simultánea de persoal nos puntos de encontro.
  • Organizar grupos de traballo o máis estancos posibles. Para isto é básico o binomio brigada-motobomba.
  • Establecer unha hixienización exhaustiva unha vez por día(a maiores das medidas de limpeza e desinfección establecidas nos protocolos).
  • Implantar un procedemento de actuación no caso de contaxio ou sospeita único, igual e fiable para tódolos casos(independientemente da actuación preceptiva por parte do SERGAS).
  • Artellar un sistema de limpeza dos EPIs para que o persoal non os teña que levar á sua casa.
  • Subministro de máscaras reutilizables de FFP2 para todo o persoal.
  • Minimizar a presenza de efectivos nos centros de coordinación.
  • Eliminar as entregas masivas de material individualizado que se produce nalgún distrito.
  • Establecer un sistema de ventilación natural axeitada tanto nas instalacións coma nos vehículos(neste caso a nosa proposta é a apertura dunha xanela dos asentos dianteiros e a contraria dos traseiros)que favoreza a óptima circulación do aire.
  • Aplicacións dos protocolos para todo o persoal que intervén na extinción (Concellos , GES , etc).


Por parte da Dirección Xeral de Defensa do Monte trasladaronsenos as seguintes cuestións:

  • Queren implantar protocolos de aireación nas instalacións.
  • Van corrixir as eivas e entregarlle máscaras a todas as categorías do SPIF.
  • Están a procurar algunha alternativa de suministro de mascarillas reutilizables FPP2 debidamente homologadas.
  • Queren poñer en marcha un sistema de desinfección exhaustiva a maiores das xa establecidas nas instalacións do SPIF( dando formación a persoal propio).
  • Están colocando módulos de instalación nos puntos de encontro onde se use a instalación común de descanso por máis de 5 brigadas en total(ou 3 de xeito simultáneo).

Dende a CIG alegrámonos de que non haxa contaxios no ámbito laboral e compartimos as medidas que se van a adoitar. Porén, considerámolas insuficientes, xa que ignoran moitas das alternativas para evitar contaxios ou minimizar o número de corentenas preventivas  que poden afectar á operatividade e efectividade do SPIF.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...