Novas por contido

👥 QUEN A PODE SOLICITAR?

  • Persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas do persoal funcionario sanitario da Lei 17/89 e doutras Administracións que preste servizos nesta, e dos entes da LOFAXGA 45 a)

  • O persoal laboral que asine o compromiso de participar e superar o proceso de funcionarización

  • Sempre que NON obtivese ningún grao na convocatoria extraordinaria de 2024

  • Estar en servizo activo o 31 de decembro de 2024

  • Cumprir os requisitos de antigüidade e formación (ou, no seu caso, docencia, xefaturas etc.)

Da nosa administración, A QUEN EXCLÚEN?

  • A todo o persoal que non se funcionarizara porque non aceptou a chantaxe ou non superou os procesos

  • Ao persoal de entes da LOFAXGA 45b) aínda que si lla dan aos seus postos directivos

🎯 REQUISITOS POR GRAO

 GRAO   ANTIGÜIDADE   OUTROS REQUISITOS  FORMACIÓN MÍNIMA 
 GRAO I  ≥ 5 anos - 40 horas
 GRAO II  ≥ 11 anos  Ter recoñecido o Grao I antes do 31/12/2023  80 horas
 GRAO III  ≥ 17 anos  Ter recoñecido o Grao II antes do 31/12/2023  120 horas


📆 PRAZOS CLAVE

  • 📤 Solicitudes: do 3 ao 30 de decembro de 2025

  • 💻 Presentación: só vía electrónica no web da DXEP ou no fides (usuario e clave -dende dentro rede- / Chave365 / certificado dixital)

  • ⏳ Resolución: máximo 6 meses

  • 💶 Efectos económicos: desde o 1 de xaneiro de 2025

  • 💸 Cobro real: en 2026 (aplicación progresiva: 35% en 2025, 70% en 2026, 100% en 2027)


E CANDO IMOS COBRAR OS ATRASOS?

Segundo indica a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, o devengado de 2025 cobrarase nalgúns casos na nómina complementaria de decembro, que se ingresará en xaneiro de 2026.

⚠️ Irá por lotes, porque non lles dá tempo a incluír a todo o persoal que o solicite.


💬 Non era sen tempo…

A carreira é un dereito recoñecido, e o persoal levamos outra vez moito tempo de atraso porque non lles deu a gana de convocar antes.

Isto non pasaría se adoptaran a nosa proposta de modelo aberto e tivésemos unha carreira automática e extraordinaria real, que recoñecera todo o tempo de antigüidade.

Outras novas recentes

Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...
Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...