Novas por contido

Función Pública ven de enviarnos as prazas propostas para a elección de destino do proceso selectivo de auxiliares de enfermería:

  • Orde do 18 de setembro de 2017 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 003 (auxiliar de enfermaría) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia. (DOG 25.9.2017). 

Tamén nos envían as prazas para a elección de destino dos seguintes procesos selectivos de Camareiro limpiador PI e Libre - OEP 2016 - G. V Catg. 001.

  • Orde do 18 de setembro de 2017 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a // axudante/a cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia. (DOG 25.9.2017)

  • Orde do 1 de marzo de 2018 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a//axudante/a cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta d e Galicia. (DOG 7.3.2018)

PRAZO ALEGACIÓNS: 10 días

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...