Novas por contido

O día 17 de decembro de 2020 reuniuse a Comisión de Seguimento do Acordo dos Axentes Ambientais/Forestais para a sua constitución.

A maiores da constitución da comisión, tratáronse os seguintes asuntos:

  • Solicitase o pase á segunda actividade do persoal que teña feitos os 60 anos. No primeiro trimestre do ano 2021 enviarán borrador de acordo de 2 ª actividade ás organizacións sindicais para que estea resolto antes da campaña do 2021.

  • Solicítase a negociación das condicións de traballo dos compañeiros e compañeiras que están a traballar no Parque Nacional Illas Atlánticas. No primeiro trimestre iniciaranse as negociacións para ter rematado nese mesmo ano.

  • Solicítase a creación dun grupo de traballo para elaborar o regulamento de funcións da nova escala de axentes técnicos en xestión ambiental.

  • Orde de horarios. Solicitase que manden uns cadrantes homoxéneos para toda Galiza e se envíen a comisión de seguimento para revisalos. O director xeral de Función Pública solicita que se envíen as propostas por escrito cos erros detectados. E nos meses de xaneiro ou febreiro teremos unha segunda reunión para para tratar os detalles da orden.

  • Coeficientes redutores. A consellería de Facenda enviou varios escritos ao Ministerio para solicitar que se incluíran na lexislación do Estado.

  • Pídese un terceiro mes de período extraordinario en MA para poder atender a vixilancia de caza e Pesca. Insistese que é necesario regular o horario nocturno para poder atender o furtivismo.

  • Solicitase unhas instrucións claras para a certificación de produtividade e dietas homoxénea en toda Galiza. 

  • Solicitase a modificación da rpt de Medio Rural para adaptar os niveis actuais, solicítase que se o persoal de Lourizán se lle aplique a suba de niveis.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...