Novas por contido

TEMARIOS AXI E GARDERÍA FLUVIAL

A negociación dos procesos selectivos, en todos os casos, é competencia de Función Pública. E así está escrito tanto no Acordo que asinou a CIG coa consellería, como a addenda posterior.

Defendemos substituír os temas por normas de dereito. Se manteñen os temas, entón que indiquen as normas de referencia e desenvolvan manuais, mesmo elaborados pola EGAP. O Secretario Xeral Técnico di que facer iso atrasaría o proceso.

A CIG está conforme coa funcionarización do persoal laboral fixo, pero a diferenza de CCOO e UGT, pensamos que as cousas se fixeron ao revés. Primeiro debería ser un concurso de traslados, despois a reclasificación e promoción interna como laboral, seguido da negociación de escalas e futuros niveis e por último, o proceso de funcionarización. Comezando polo que debería ser o último, o que están a facer é pedirlle á xente que se funcionarice a cegas, sen saber como vai quedar para decidir se lle interesa ou non.

O SXT di que o proceso pode ser para o 3º ou 4º trimestre do ano que vén (setembro?).

En canto á titulación académica requirida para participar no proceso, o SXT di que xa falou con Emprego e Función Pública. En canto saiban quen o xestionará en Educación, convocarán unha xuntanza.

A negociación cos sindicatos continuará para despois do Nadal.

RPT DE AUGAS DE GALIZA

A CIG rexeita a cobertura de postos mediante Libre Designación. Tamén rexeitamos a figura de persoal directivo. O SXT di que está xustificado, polo que non acepta a nosa petición.

Dende o ano 2011 houbo 12 traballadoras e traballadores declarados indefinidos por cesión ilegal. Nada en contra de quen defende os seus dereitos. Pero esiximos as cabezas e responsabilidades patrimoniais das persoas que polos seus actos ou omisións son causantes de que ano tras anos teñamos sentenzas por cesións ilegais. Hai que incorporar as sentenzas á RPT, pero non pode continuar isto no futuro. O SXT non asume ningunha responsabilidade.

Defendemos que se cumpran as sentenzas e se adscriban as persoas a postos de persoal laboral e coa titulación correspondente, algo que non podemos verificar co breve extracto que nos aportan, polo que reclamamos as sentenzas completas.

Solicitamos información da situación de ocupación dos postos que amortizan. Aseguran que son todos eles vacantes sen ocupación.

Reclamamos equiparar Lugo con outras localidades, mediante a creación dun negociado.

Advertimos dun erro na creación dun posto por execución de sentenza do concurso de traslados do persoal laboral.

O SXT non acepta o incremento de niveis proposto por outro sindicato, xa que iso implicaría máis amortizacións de postos para financialo.

Convocarán máis xuntanzas pola RPT. Mesmo informa que van traer a RPT completa. É dicir, que isto vai para longo.

Outras novas recentes

Venres, 09 Outubro 2026

Ampliación do prazo de elección de destino na especialidade de limpeza e cociña

No DOG do 09/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2026 pola que se amplía o prazo para a elección de destino na agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña, convocada pola Resolución do 24 de setembro de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 186, do 30 de setembro). Amplían o prazo...
Martes, 13 Outubro 2026

Fondo de Acción Social de 2025: listaxe definitiva de persoas admitidas

No DOG do 13/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2025, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade....
Mércores, 14 Outubro 2026

Por un sistema público galego de servizos ás persoas

Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data. ASUNTO: O que se...