Novas por contido

No DOG do venres 26 de febreiro publícanse duas resolucións e unha orde sobre as listas de substitución, polas que se acorda a apertura e peche dunhas listas, a actualización de méritos, e o procedemento para a presentación de solicitudes de inclusión.

A) ACTUALIZACIÓN PROVISIONAL DE MÉRITOS

Resolución do 17 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2020 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza. Ligazón ao DOG.

Consulta da puntuación. A puntuación total poderá consultarse no web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de <Listas de contratación>.

Reclamacións. As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días hábiles para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente.

B) PECHE E APERTURA DE DETERMINADAS LISTAS

Resolución do 18 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades. Ligazón ao DOG.

1º. Pechar a incorporación de novas solicitudes ás listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades que se indican no anexo I.

2º. Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades que se atopan abertas e nas que as persoas interesadas poderán presentar solicitude de inclusión no período comprendido entre o 1 de marzo e o 30 de abril deste ano (anexo II).

3º. Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades pechadas e nas que soamente se poderán inscribir aquelas persoas que, para a lista correspondente, superasen algunha proba do último proceso selectivo do grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade, ou teñan prestado servizos na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que teñan publicadas relacións de postos de traballo para a lista correspondente a ese grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade (anexo III).

4º. O estado, aberto ou pechado para a incorporación de novas solicitudes, no que se atopa cada lista poderá consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, punto de <Listas de contratación>.

C) PROCEDEMENTO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE INCLUSIÓN

ORDE do 22 de febreiro de 2021 pola que se regula o procedemento para a presentación de solicitudes de inclusión nas listas para o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza, e se aproba o modelo normalizado de solicitude (código de procedemento AP522T). Ligazón ao DOG. 

Obxecto. Regular o procedemento de presentación de solicitudes de inclusión nas listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e de entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

Solicitudes

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) accesible na sede electrónica da Xunta de Galiza, https://sede.xunta.gal
  • Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
  • Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galiza, incluído o sistema de usuario e contrasinal (Chave365).

Prazo. Desde o día 1 de marzo ata o 30 de abril de cada ano, e estas elabóranse no período comprendido entre o 1 de xuño e o 31 de decembro.

 

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...