Novas por contido

Para a súa elección de destino, que será provisional, retira prazas aplicando uns criteriois que a CIG non comparte. Función Pública non chegou a dar resposta ás últimas alegacións presentadas pola CIG.

As persoas que superaron os procesos selectivos de camareiro/a-limpador (acceso libre e promoción interna), e auxiliar de enfermaría (promoción interna), están convocadas a escoller destino. A Dirección Xeral de Función Pública publicou no DOG do martes 2 de marzo o listado de prazas que van a estar dispoñíbeis para a elección.

A Xunta xa nos ten acostumados/as a actuar con criterios que varían segundo lle conveña, e unha vez máis tivemos que dar a paliza para coñecelos. Finalmente os criterios comunicados deixan postos fora da elección:

  • Prazas ocupadas por persoas indefinidas non fixas que aprobaron o proceso selectivo: non entendemos as razóns para excluír estas prazas, xa que van a quedar vacantes e sen ocupación.

  • Prazas ocupadas en adscrición provisional: son postos vacantes, e as persoas que as ocupan son titulares doutros postos.

  • Prazas de fin de semana ou fixas-descontinuas: probablemente non sexan do interese da maioría do persoal, pero nunca se sabe. A xente é maiorciña para decidir.

  • Prazas propostas a amortizar: se existen en RPT, que as oferten.

Por se non chovera abondo dende que se ofertaron as prazas fai seis anos (2016), o destino ten que ser provisional por mor da negativa da Xunta a non convocar máis concursos de traslados de persoal laboral, coa complicidade de CCOO e UGT.

Quedan moitas dúbidas non resoltas: cando será o destino definitivo? Porque se non teñen interese de convocar concurso de traslados, tememos que a cousa vai ir para moi longo, unha vez resolto o futuro proceso de funcionarización. Evidentemente a CIG defende que se convoque un concurso de traslados previo como persoal laboral. Pero nin Xunta, nin CCOO nin UGT pensan igual.

A ineptitude de Educación impide ofertar prazas

Existen numerosos postos vacantes de camareiro/a-limpador/a na Consellería de Cultura, Educación e Universidade que, por estar fora da RPT, non poden ser ofertados.

Non é algo novo que Educación poña en marcha un centro coa dotación de recursos humanos que considera necesario, ou simplemente incremente o cadro de persoal dun centro xa existente, pero esquece o trámite de negociar, aprobar e publicar os postos na súa Relación de Postos de Traballo, ata pasados varios anos (a última RPT é do ano 2015).

Xa vivimos esto nalgún caso con postos do persoal funcionario. Así foi, por exemplo, no IES o Barral ou o IES de Soutomaior. Houbo algún concurso de traslados no que non puideron ser ofertados os postos deses centros, porque non existían en RPT. Só os meteron despois de que a CIG presentara escritos que contiñan advertencias xudiciais, pero para os seguintes concursos.

O día 26/09/2019, representantes da CIG asistiron a unha xuntanza con responsábeis de Educación para tratar unha modificación da súa RPT de persoal funcionario. Nesa xuntanza advertimos da necesidade de modificar a RPT de persoal laboral para incluir os postos creados  a partir do ano 2015 pero non incluídos na RPT. O representante da consellería comprometeuse a comezar a traballar na RPT do persoal laboral co fin de regularizar a situación dos postos ficticios. Así o testemuña a acta da xuntanza.

Este actuar neglixente e reiterado da consellería causa prexuízo aos lexítimos intereses e dereitos das empregadas e empregados públicos que, neste caso, non poden optar a eses postos vacantes.

A CIG solicitou por escrito a tramitación urxente dunha modificación da RPT de Cultura, Educación e Universidade para incluír a os postos existentes e dotados que están fora da RPT, para poder ofertar os mesmos na oferta de destino. Educación non fixo nada, así que esiximos o cese das persoas responsábeis.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...