Novas por contido

A CIG esixe que a Conselleira de Política Social abra mesa de negociación válida coa representación legal do persoal

Coñecemos por informacións nas redes de que a Conselleira de Política Social ten convocado reunión para tratar o problema do persoal dos seus centros coas organizacións sindicais. Destes encontros a CIG aínda non tivo comunicación oficial, nin tampouco os Comités de Empresa provinciais nin o Comité Intercentros do persoal laboral da Xunta.

Si Fabiola García agora, logo de máis dun ano calada co noso conflito, esta a tratar unha posible negociación de condicións de traballo fóra das mesas de representación dos traballadores que sabe perfectamente que non ten validez....Non será unha manobra para dilatar e bacilar aos sindicatos e así non entrar no fondo do conflito?

Esto é serio de máis para facer unha carreira a ver quen se reúne antes mais cando sabemos que non vai servir para nada. Dende a CIG dirixímonos a Conselleira de Política Social para instar a negociación nas mesas legais xa que temos que ser os sindicatos que vos representamos xuntos os que nunha mesa formal de negociación traballemos a prol da mellora das condicións de traballo si non é tempo perdido.

Que van facer CCOO e UGT, que son representación minoritaria, negociar “acuerditos” de eficacia limitada para os seus afiliados excluíndo ao resto das traballadoras?

A loita pola que nos mobilizamos todos estes meses esta clara:

• Recuperar os artigos suspendidos do V Convenio Colectivo Único da Xunta de Galiza, como a compensación de domingos e festivos, dous fins de semana alternos libres ao mes, os 7 festivos anuais….
• Ampliación do cadro de persoal dos centros, que se rebaixou en máis de 800 contratos anuais dende 2012, reforzando así o servizo que esta nunhas condicións insoportables a costa da saúde e a seguridade de todos traballadores que coidamos e atendemos as persoas.
• Aumentar as prazas de xestión pública recuperando os servizos públicos privatizados
• Mellorar os medios materiais e a formación de cara a aumentar a seguridade e a calidade do servizo

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...