Novas por contido

Condiciona a concesión do dereito a que haxa outra persoa que substitúa á solicitante

A CIG-Administración Autonómica vén de denunciar ante a autoridade laboral a obstaculización do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar do dereito de conciliación ao seu persoal. Unha práctica xeneralizada en todo o persoal que traballa nos seus centros de Galiza, case 2000 persoas, que executa mediante unha cláusula que condiciona o dereito ás conciliacións mentres non sexa substituída a persoa que o solicita.

Pasam por riba da Lei de igualdade e impide as reducións de xornada por conciliacións e flexibilizacións de xornada por coidado de menores e maiores a cargo do seu persoal.

Unha das medidas que recolle a normativa laboral deste persoal, ademais da Lei Orgánica 3/2007 de Igualdade, é poder acollerse á redución de xornada por coidado de menor ou maior a cargo. Porén o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, da Consellaría de Política Social, nas resolucións das solicitudes de reducións por conciliación das traballadoras e traballadores, introduce unha cláusula que indica que “a persoa traballadora solicitante do dereito, non pode comezar o goce da redución até que se proceda á cobertura da franxa horaria reducida por persoal substituto. Persoal que no caso de ser cuberto se fai sen dilixencia. Polo que na práctica obstaculiza que as persoas traballadoras podan acollerse a este dereito”.

Á lentitude sumáselle unha discrecionalidade absoluta nas ordes da xerencia para proceder á cobertura. Deste xeito as compañeiras atópanse que na práctica non poden conciliar a súa vida familiar e laboral aínda que o xulgado lle concedera o dereito.

Xunto a isto, e por sistema, no Consorcio non se conceden conciliacións sen redución de xornada, aínda que a Lei Órganica de Igualdade o prevé dende hai dous anos, obrigando ao persoal a acudir á denuncia xudicial para conseguila e logo sumarlle os obstáculos da xestión.

Por outro banda, a CIG-Administración Autonómica considera que “non se entende que se lle ofreza á traballadora outra franxa horaria para a redución, que non solicita nin lle facilita a conciliación. Semella un insulto que se lle faga tal ofrecemento como se o traballador ou traballadora decidiran reducir horario e salario por un capricho”.

Esta é a cláusula que condiciona as concrecións horarias:

<<De acordo con todo o indicado, Resolvo:

  1. Estimar a solicitude e, polo tanto, conceder a redución da súa xornada laboral ...
  2. Non obstante o anterior, e con respecto da concreción horaria solicitada pola interesada (de 9.00 a 14.00 horas, salvo os mércores de 8.30 a 14.00 horas), non procede a súa concesión en tanto non estea garantida a cobertura da franxa horaria que deixa descuberta (de 14.00 a 16.00 horas), posto que, do contrario, produciríase un incumprimento das ratios de persoal esixidas no artigo 27.2 do Decreto 329/2005, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.
  3. Tendo en conta o anterior e, de cara a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral por parte da interesada, no suposto de que non sexa posible cubrir a dita franxa horaria a partires do 15.9.2021, a interesada poderá solicitar a redución de xornada noutra franxa horaria na que non se vexan comprometidas as necesidades do servizo.>>
    Por iso Burgos conclúe que “a Xunta tiña que ser referencia na defensa da igualdade e potenciar a conciliación e os dereitos que axuden ao impulso demográfico na nosa comunidade o que fai e putear ao seu persoal obstaculizando calquera avance laboral aínda que sexa obrigado por unha norma básica estatal”.

Por iso a Xunta tiña que ser referencia na defensa da igualdade e potenciar a conciliación e os dereitos que axuden ao impulso demográfico na nosa comunidade o que fai é ningunear ao seu persoal obstaculizando calquera avance laboral aínda que sexa obrigado por unha norma básica estatal.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...