Novas por contido

O prazo para a inscrición nos procesos de estabilización da Administración Autonómica remata o día 17 de febreiro. Estes procesos foron convocados no DOG dos días 26 e 27 de decembro, e derivan da Lei 20/2021.

Pola alta cantidade peticións de axuda para a inscrición que estamos a recibir, nalgunhas comarcas temos organizadas “citas” para reducir os tempos de espera.

Compostela

Atendese en horario de 9 a 14 h. en San Lázaro e en San Caetano. Mellor pide cita nos teléfonos 981546999 ou no 981545909.

Ferrol

Atendemos previa cita no local da CIG en Esteiro, en horario de mañá e tarde. Podes contactarnos no 981358750 ext. 4 ou no 722837095. Dado as numerosas peticións atendese com preferencia ás persoas afiliadas.

Lugo

Atendemos todos os días de maña no edificio administrativo da Xunta en Lugo e nos locais da CIG na casa sindical. Teléfonos 982294209 e 982815015, respectivamente. De non ser posible de maña chámanos para intentar concertar unha cita de tarde.

Ourense

Atendemos todos os días pola mañá e pola tarde no local da CIG no Parque de San Lázaro, 12, 4º. E preciso reservar cita para atenderte. Se queres que che axudemos na inscrición, chámanos ao 988233850, e veremos de poñer unha data e hora.

Pontevedra

Atendemos todos os días de maña no edificio da Xunta en Campolongo, teléfono 986 805515 e a poder ser con cita previa. De non ser posible de maña chámanos para poder buscar unha cita de tarde.

Vigo

Atendemos todos os días pola mañá no local da CIG no edificio administrativo (Praza da Estrela). E segundo as necesidades podemos reservar cita para atenderte pola mañá ou tarde no local da federación de Administración Pública da CIG (R/ Gregorio Espino 47) ou nos locais da CIG en Cangas, Porriño e A Guarda. Se queres que che axudemos na inscrición, chámanos ao 986817597 (local da CIG no edificio administrativo da Xunta en Vigo), e veremos de poñer unha data e lugar para atenderte.

Outras novas recentes

Luns, 12 Mai 2025

Diñeiro para letrados/as e control político do IGE

A Presidencia da Xunta consumou un incremento retributivo para o seu persoal da escala de letrados/as e un cambio na estrutura para un mellor control político do Instituto Galego de Estatística. Estas medidas foron aprobadas na Comisión de Persoal do xoves 8 de maio de 2025, co voto en contra de CIG, abstención de CCOO e UGT, e voto favorable de CSIF. Letrados/as Non...
Luns, 12 Mai 2025

Proceso selectivo C1-escala operativa Gardacostas, especialidades de patrón e mecánico (CP 14/05/25)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou Comisión de Persoal para o vindeiro mércores, 14 de maio, co seguinte punto na orde do día: proposta de convocatoria de proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso polas quendas de acceso libre e promoción interna, nas especialidades de patrón e mecánico da escala operativa do...
Luns, 12 Mai 2025

Puntuacións provisionais do concurso de traslados de enxeñaría, enxeñaría técnica, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias

No DOG do 12/05/2025 publican a RESOLUCIÓN do 9 maio de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade...