Novas por contido

No DOG do 20/02/2023 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2023 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galiza, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galiza (SUG).

Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galiza, da Administración de xustiza, das entidades locais de Galiza e de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria para cada un dos casos no anexo II.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e ata o 1 de marzo de 2023.

O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a tres.

Debido á alta demanda dos cursos de idiomas na modalidade de teleformación, establécense as seguintes limitacións:

– Cada persoa só poderá solicitar un nivel por cada idioma ofertado na modalidade de teleformación.

– Non se poderá solicitar o mesmo nivel cursado na anterior convocatoria.

Criterios de selección

1. Proba de nivel nas actividades de idiomas de teleformación:

Durante o prazo de presentación de solicitudes, todo o persoal que desexe solicitar algún dos niveis das actividades de lingua inglesa, francesa, alemá e portuguesa impartidas na modalidade de teleformación terá dispoñible unha proba de nivel orientativa.

As persoas que estean interesadas en realizar a proba de nivel deberán acceder á aula virtual da EGAP no enderezo <https://egap.xunta.gal/aulavirtual/> utilizando o mesmo usuario e contrasinal que na zona de matrícula. Neste caso, despois de realizar a proba de nivel deberanse matricular nas actividades formativas que se correspondan co nivel obtido.

2. Proba de nivel nas actividades de idiomas presenciais e telepresenciais:

A proba de nivel realizarase con anterioridade ao inicio da actividade, para os efectos de seleccionar grupos o máis homoxéneos posibles.

Outras novas recentes

Mércores, 30 Abril 2025

RPTs (Sanidade, Presidencia Xunta, e global de Admón. Xeral e Especial). Anteproxecto provisión e acceso discapacidade intelectual (05/05...

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou aos sindicatos a dúas xuntanzas para o luns 5 de maio, para tratar os seguintes asuntos: Para a Mesa Xeral de Empregados Públicos Anteproxecto de Decreto polo que se regula o acceso e provisión de postos de traballo de persoas con discapacidade intelectual na Administración xeral da Comunidade...
Martes, 29 Abril 2025

Novo calendario dos primeiros exercicios de procesos selectivos 2025/2026

A DXEP ven de publicar na súa páxina web o calendario para a realización do primeiro exercicio dos procesos selectivos que se convocarán no ano 2025 e que se realizarán nos anos 2025 e 2026. Podes acceder a través deste enlace.
Luns, 28 Abril 2025

Concurso administración especial, profesores numerarios e mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros e axentes de e...

Dende a Dixección Xeral de Emprego Público acaban de comunicarnos que o vindeiro día 2 de maio de 2025 publicarase no Diario Oficial de Galicia, a Resolución pola que se convoca o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas de profesores...