Novas por contido

Reclaman condicións laborais dignas e a recuperación dos dereitos perdidos

Representantes do comité intercentros e dos 4 comités provincias de Política Social compareceron o día 9 de maio en rolda de prensa para denunciar o internamento de doentes con patoloxías psiquiátricas de entre, nalgúns casos, 45 e 50 anos, en residencias de maiores. Advirten de que os centros non están adaptados para esta nova tipoloxía de residentes e que o persoal “nin está formado, nin é suficiente”.

Así o denunciou o comité intercentros que anunciou que ten unha xuntanza convocada coa Consellaría de Política Social o vindeiro día 15 de maio na que agardan que se negocien cuestións que consideran fundamentais. “Esperamos que se chegue a un acordo sobre rateos de persoal nos centros de atención directa ou sobre listas de contratación do persoal substituto, porque teñen chegado a anular vacacións porque non son capaces de cubrir postos como auxiliar de enfermería ou de enfermería” Segundo o comité intercentros o problema é a idade e todo o que iso implica de convivencia entre unha persoa de 80-90 anos e unha de 50. Xunto a isto apuntan as dificultades para enfrontar os problemas que poidan xurdir sen contar coa formación axeitada.

Esta situación agrávase ao non contar con persoal suficiente para facer fronte a carga de traballo que teñen. E é que estes traballadores e traballadoras, ademais de ter que enfrontar unha situación laboral complicada por mor da nova tipoloxía de usuarias e usuarios dos centros, que até o de agora eran só de maiores, teñen que facelo nunhas condicións laborais deterioradas desde hai anos.

Política Social esquece o seu persoal

Para o comité intercentros e os comités provinciais a Consellaría de Política Social “esquécese das súas traballadoras e traballadores”. Neste sentido lembran que no ano 2012 a Xunta de Galiza suspendeu, de facto, o convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza e que, desde esa data, os comités veñen intentando negociar a recuperación de dereitos laborais.

Por fin, despois de que o 18 de abril pediran unha nova xuntanza coa consellaría e tras celebrar o pasado día 3 de maio unha asemblea dos 4 comités provinciais, recibiron a convocatoria para unha xuntanza coa administración. “Alegrámonos, pero isto non evita que deamos a coñecer o que está a acontecer co persoal de atención directa”, que é case todo, persoal funcionario da Xunta de Galiza.

Demandas a Política Social

Por iso o que lle demandan á consellaría é que senten a negociar as rateos de persoal e as compensacións por traballar domingos e festivos. Lembran que o SERGAS acaba de asinar un acordo de compensacións cando “na Consellaría de Política Social traballamos gratis os domingos, festivos, 24 de decembro ou 31 de decembro, entre outros. Denuncia que até lles negan a compensación dos días 24 e 31 de decembro, que este ano caía en sábado, cando a todo o persoal da Xunta de Galiza lle dan 2 días de asuntos persoais”.

Ademais, demandan a adaptación dos centros e do persoal ás novas persoas usuarias dos mesmos e a adaptación, tamén, das listas de contratación ás características dos centros de Política Social.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...