Novas por contido

Despois de ter anunciado mobilizacións PARA ESTE XOVES DIA 2 diante de San Caetano, e de realizar as primeiras asembleas en Vigo, Pontevedra e Ourense, a Xunta accede a convocar parte da promoción interna das ofertas de emprego de 2020, 2021 obviando sumar a do 2022.

Un total de 585 prazas das ofertas de dous anos que hoxe aínda estaban sen convocar e das que adiaba dar resposta. A Xunta de Rueda esta xogando coas expectativas, o tempo e os cartos do persoal que estaba mes a mes pagando academias e estudando sen un horizonte claro.

Pero para a CIG, non é suficiente. Unha vez posta en marcha a maquinaria, non hai ningún esforzo adicional en convocar as prazas das tres OEP´s no canto de convocar só as de 2020 e 2021. E esiximos que non se limiten só ás promocións internas de corpos xerais e que convoquen a das escalas e corpos especiais separadas.

En relación ás bases, dende a CIG queremos facer fincapé na necesidade de cambio do modelo de promoción, especialmente grave no caso do acceso ao corpo auxiliar (subgrupo C2), pois demóstrase o actual como un fracaso.

En pleno 2023 non podemos admitir que sexa máis doado aprobar unha oposición dende fora que dende dentro da casa.

Imos seguir esixíndolle ao candidato Rueda que adopte decisións e se faga valer ante un director xeral que está a pasmala, e por iso facemos un chamamento a que te unas á concentración convocada as 11 diante do edificio da Xunta en San Caetano.

 

Polas 35 horas, as promocións internas anuais e os concursos permanentes, XA!!!

 

PROMOCIÓN INTERNA A CONVOCAR
  OEP 2020 OEP 2021 TOTAL
Corpo superior (subgrupo A1) 20 10 30
Corpo xestión (subgrupo A2) 100 85 185
Corpo administrativo (subgrupo C1) 150 90 240
Corpo auxiliar (subgrupo C2) 50 80 130
TOTAL 320 265 585

 

PROMOCIÓN INTERNA NON CONVOCADA
Administración xeral OEP 2021 OEP 2022 TOTAL
Corpo superior (subgrupo A1)   20 20
   Escala de sistemas e tecnoloxía da información (subgrupo A1) 8   8
   Escala superior de finanzas (subgrupo A1) 8   8
Corpo xestión (subgrupo A2)   90 90
   Escala de xestión de sistemas de informática (subgrupo A2) 8   8
   Escala de inspectoras e inspectores de consumo (subgrupo A2) 2   2*
Corpo administrativo (subgrupo C1)   182 182
Corpo auxiliar (subgrupo C2)   65 65
   Escala de persoal de servizos xerais (PSX)   65 65
       
Administración especial      
Corpo facultativo superior (subgrupo A1)      
   Escala de enxeñeiros (subgrupo A1)      
       Especialidade de enxeñaría agronómica 10   10
       Especialidade de enxeñaría de montes 10   10
       Especialidade de enxeñaría industrial 2   2
       Especialidade de enxeñaría de minas 2   2
Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2)      
   Escala de enxeñeiros técnicos (subgrupo A2)      
       Especialidade de enxeñaría técnica agrícola 2   2
       Especialidade de enxeñaría técnica forestal 2   2
TOTAL 54 422 476

*Na escala de inspectoras e inspectores de consumo habería que sumar 2 prazas máis da OEP 2019.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...