Novas por contido

O Servizo de Patrimonio Natural en Ourense un ano máis queda sen periodo extraordinario ao comezo da tempada de pesca, e repetirá a tempada de caza sen reforzo do persoal. Do resto, a pesar das demandas de ampliación, seguen co periodo recortado de dous meses

Unha das tarefas fundamentais dos axentes ambientais que traballan no Servizo de Patrimonio Natural é a vixilancia e control das actividades de pesca fluvial e a cinexética, e para iso compre o reforzo coa ampliación horaria coas gardas do sistema extraordinario. O Acordo da escala recolle que dous meses serán obrigados e os outros dous colocaranse segundo as necesidades do servizo, e contabamos que para iso podiamos requirilo, e se nos dixo que non nos preocuparamos, que non ía haber diferencias. So durou o primeiro ano xa que nunca se pensou que se ían implantar os dous meses nin que se ían obviar as peticións e as necesidades do persoal para cubrir o servizo.

Protestamos e denunciamos a falta de periodo extraordinario potestativo para todas as provincias e a singular e gravosa situación única de que no Servizo de Patrimonio Natural de Ourense as gardas sexan para unha suposta vixilancia da actividade incendiaria nos meses de agosto e setembro (que, por certo, dende hai anos ninguén organiza nada) na vez de reforzar nos periodos de máis traballo e competencia dos seus axentes, que son ao menos o comezo da pesca, a media veda do paspallás e o comezo da actividade cinexética). E se vían que os espazos naturais da provincia están gravemente amenazados pola actividade incendiaria (que o están), que poñan os meses a maiores nese tempo ou que reforcen con persoal do servizo que ten competencias, que ademais é doutra consellería.

Contabamos que así sería, que corrixirían tras as peticións. Pois apenas uns días antes de comezar a tempada de pesca, Ourense fixo outra vez oídos xordos á necesidade de reforzo feitas pola CIG tanto na comisión de seguimento do Acordo de axentes ambientais do 2023 como na propia consellería, e colocou de novo as gardas no verán. Que criterios técnicos ten para colocar outra vez o extraordinario no verán de 2024?

Denunciamos tamén que noutras provincias quedan descubertas o control do furtivismo no comezo da subida da lamprea, a suba e baixada da anguía, o furtivismo nas rías e zonas intermareais e as situacións extraordinarias como os desastres ambientais como o que sucedeu recentemente na crise dos pellets, polo que habería que implementar máis periodo de gardas segundo as necesidades de reforzo e horario.

Porque ao final o que quere dicir todo isto de ninguneo, ignorar o traballo e e incluso prohibir ao persoal seguir a controlar as praias dos espazos protexidos na crise dos pellets como en calquera outro, é que o medio ambiente importa pouco para a consellería que leva o nome. Que canto menos fagamos, menos molestamos.

Lembramos que no pero momento da xestión dos pellets, dende a CIG puxémonos en contacto coa consellería para instar a aplicación do periodo extraordinario e reforzar as tarefas e se dixo directamente que non era necesario, “que non era un Prestige (estaba claro, pero era unha contaminación en espazos naturais). e lembramos que neses mesmos dias contrataron con SEAGA, TRAGSA e unha empresa de márketing amiga, ignorando outra vez ao seu propio persoal e utilizando a crise para a súa particular loita política co Goberno do Estado español. E o denunciamos nos medios.

En definitiva, e en conclusión, o periodo extraordinario das e dos axentes ambientais dos servizos de Patrimonio Natural non se activa nin nas emerxencias. Se non obrigara o Acordo a 2 meses é moi posible que nin se aplicaran as gardas eses dous meses.

Agora, en medio dun concurso de traslados, o salario anual importa, igual que a formación case inexistente, a falta de material e medios e o trato de indiferencia habitual da consellería aos seus axentes.

Total, se por calquera causa necesitan algo, xa teñen a UTA da Policía Nacional (que copiou ata o logo de Medio Ambiente Natural) ou ao SEPRONA, aos que forman, dotan e avisan habitualmente das denuncias e infraccións.

Os e as axentes ambientais do servizo de Patrimonio Natural seguirán a ser desmantelados, amortizados e non lles quedará outra que resistir e seguir a loitar coa CIG as gardas para defender o noso medio natural, cun servizo público galego e de calidade.

Outras novas recentes

Martes, 13 Outubro 2026

Fondo de Acción Social de 2025: listaxe definitiva de persoas admitidas

No DOG do 13/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2025, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade....
Mércores, 07 Outubro 2026

A CIG solicita oficialmente unha auditoría no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Denunciamos que a Xerencia garda silencio mentres o persoal traballador está ao límite. Despois do peche que fixemos no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (CGSIB) e logo da reunión mantida o día 29 de setembro co xerente do Consorcio, a CIG vén de solicitar oficialmente unha auditoría.  Isto xa non é unha mala xestión: é unha situación insostíbel e un...
Martes, 13 Outubro 2026

A Xanela. Boletín de CIG-Autonómica. Setembro/2026

Neste boletín: - E despois de todo isto? Que vai pasar cando rematen os concursos e tomas de posesión - Medio Rural asina acordos aos cachos para o persoal do SPIF - Concurso específico (a libre designación encuberta con estabilidade de 5 anos) - Movementos tras o concurso ou destino definitivo - Persoal non docente: chegou o momento de negociar Descargar