Novas por contido

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar.

Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.

Outras novas recentes

Xoves, 19 Novembro 2026

Oposicións acceso libre: corpos superior, xestión, administrativo, auxiliar; escala FOL; enquisador, (para 24/11/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou Mesa Xeral e Mesa Sectorial para discutir as bases das convocatorias dos seguintes procesos selectivos. Se é do teu interese, podes contactar coa CIG: Corpo superior-A1. Acceso libre. 60 prazas. Oposición. Descargar Corpo de xestión-A2. Acceso libre. 57 prazas. Oposición. Descargar Corpo...
Luns, 23 Novembro 2026

A CIG esixe que a Xunta faga o seu traballo e realice unha revisión integral dos niveis das persoas empregadas públicas

Na súa deriva discriminatoria cara ao persoal, a Xunta leva tempo facendo propostas de subas de niveis a cachos e onde lle peta. Vimos de rexistrar unha petición para que fagan dunha vez por todas un estudo serio da estrutura de postos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, que está completamente obsoleta e cuns niveis mínimos inferiores a outras...
Martes, 24 Novembro 2026

Convocatoria xuntanza Medio Ambiente polo persoal Axente

A Secretaría Xeral Técnica de Medio Ambiente convocou á CIG a unha xuntanza para este mércores 25 de novembro (ás 16.30 da tarde), para abordar as condicións laborais do persoal axente ambiental. Ese día, 25N (Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller), un sindicato feminista como a CIG ten actos reivindicativos. É unha data inadecuada. Así llo...