Novas por contido

Estudos de concentración de gas radón

A CIG leva anos instando a Administración a que faga os controis de gas Radon con laboratorios acreditados nos espacios de traballo da Xunta, petición que cobra especial relevancia tendo en conta a incidencia deste elemento a causa da morfoloxía xeolóxica de Galiza.

Na reunión do Comité Intercentros de Seguridade Laboral do día 3 de xullo, a CIG volve a instar sobre as medicións do gas radón á Administración tendo en conta a obligatoriedade establecida polo Real Decreto 1029/2022, do 20 de decembro, polo que se aproba o regulamento sobre protección da saúde contra os riscos derivados da exposición ás radiacións ionizantes, de facer estudos de concentración de radon en tódolos concellos de Galicia .

O Servizo de Prevención de Riscos Laborais resposta que en cumprimento do Real Decreto 1029/2022, se levarán a cabo medicións en tódolos edificios e locais da Xunta a cargo das respectivas Consellerías. Establecerase un protocolo coas medidas a seguir en caso de que as medicións indiquen niveles superiores os establecidos na norma como seguros. 

A consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, efectuará un convenio de colaboración co Laboratorio de Radón da USC  que  fará as medicións en 22 centros. As medicións se iniciarán á sinatura do convenio, prevista para antes de setembro.

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...