Novas por contido

Aproveitando a negociación do proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas onde se poden crear ou modificar as escalas, facémoslle constar que o grupo III-99 foi castigado cunha degradación no proceso de funcionarización, creando unha escala no subgrupo C2.

Demandamos a creación da escala no subgrupo C1, para acoller ás persoas do grupo III-99 que se funcionaricen e para que o persoal do grupo IV-004, ao funcionarizarse, poida ter un itinerario profesional para poder realizar a promoción interna aos subgrupo C1.

E facemos constar tamén que hai outros casos de reclasificacións que basta con respectar as sentenzas porque nese caso xa hai creadas escalas que se corresponden coa reclasificación.

A directora comenta que no caso do III-99 se decidíu encadralas no subgrupo C2 dacordo cos INFORMES DE EDUCACIÓN E POLÍTICA SOCIAL.

 

Outras novas recentes

Martes, 06 Outubro 2026

Elección de destino de varias escalas de C1, C2 e AP

No DOG do 05/10/2026 publican a Resolución pola que se modifica a Resolución do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo...
Martes, 29 Setembro 2026

Campaña de revisións médicas 2026-2027 en centros de ensino

Prazos de inscrición Persoal nomeado antes do 25 de setembro: dende o 25 de setembro ao 31 de outubro. Persoal nomeado o 26 de setembro ou despois: dende o día 1 ao 20 do mes seguinte á súa toma de posesión. Persoal interino e substituto: dende o día 1 ao 20 do mes seguinte a aquel no que se cumpran os 65 días traballados de forma ininterrompida, contados dende o...
Martes, 29 Setembro 2026

A EGAP responde ás críticas da CIG con autoritarismo

A nosa central denuncia que a Dirección converte o Consello Reitor da Escola nun órgano decorativo A CIG non asistiu ao Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) do 23 de setembro como medida de protesta polos reiterados atrancos impostos pola Dirección da Escola á participación da única organización sindical que fiscaliza criticamente a súa...